Parque Nacional des Cévennes
Aparencia
O Parque Nacional des Cévennes atópase no sueste de Francia, concretamente na rexión do Languedoc-Rosellón.
Datos de interese
[editar | editar a fonte]O Parque Nacional creouse no 1970 e corresponde a un parque de montaña, xa que a súa altitude oscila entre os 376 metros ós 1.699 metros.
Ten a particularidade de estar habitado na súa zona central. Esta zona ocupa unha superficie de 91.279 hectáreas, namentres a zona periférica esténdese 229.726 hectáreas.
Obxectivos
[editar | editar a fonte]O parque acolle numerosas especies vexetais e animais, e presenta unha gran variedade de ecosistemas. Protexer o medio, as paisaxes e administrar o patrimonio natural e cultural axudando no desenvolvemento económico da poboación local son as principais metas do parque.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional des Cévennes |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do parque (en varias linguas).