Parque Nacional de Mavrovo
O Parque Nacional de Mavrovo atópase no oeste de Macedonia do Norte, xunto a fronteira con Albania.
Datos de interese[editar | editar a fonte]
O Parque Nacional creouse no 1949 e corresponde a un parque de alta montaña, xa que a cota superior son 2.168 metros. Predominan as forestas caducifolias mesturadas con prados e algunha zona de coníferas. A zona protexida abrangue 73.000 hectáreas.
Flora e Fauna[editar | editar a fonte]
A importancia do parque radica na súa riqueza faunística. Así pódese atopar o oso pardo, o lince, o rebezo e diferentes especies de aves de presa, coma o quebraosos, a aguia pomerana ou a Aquila heliaca.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional de Mavrovo ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web do parque (en varias linguas).