Parlamento de Budapest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 47°30′25″N 19°02′44″L / 47.506944444444, 19.045555555556

Imaxe do parlamento húngaro xunto ó Danubio.

O Parlamento húngaro (en húngaro: Országház) é probablemente o máis coñecido edificio de Budapest. O edificio é o centro da lexislatura húngara e doutras institucións, como a biblioteca do Parlamento. O Parlamento atópase no distrito V da cidade, xunto á beira do Danubio, coa entrada principal atopada na Praza Kossuth.

O edificio foi construído entre 1885 e 1904, seguindo as plans de Imre Steindl.

O interior[editar | editar a fonte]

O interior está decorado con mármore e ouro. O edificio coa súa estrutura simétrica serve para albergar un parlamento bicameral. Na ala norte alberga as oficinas do Primeiro Ministro, mentres que na ala sur as do Presidente da República.

En ámbolos dous lados da escaleira exterior atópanse dúas estatuas de leóns, as columnas feitas de granito vermello con 6 metros de altura, pesan 4 toneladas cada unha. No teito pódense observar as pinturas alegóricas de Károly Lotz como a "Apoteose da lexislación" e a "Glorificación de Hungría".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]