Paraná, Arxentina
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Arxentina | |||
| Provincia da Arxentina | Provincia de Entre Ríos | |||
| Departamento da Arxentina | Paraná (pt) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 247.863 (2010) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 137.000.000 m² | |||
| Altitude | 66 m | |||
| Organización política | ||||
| Órgano executivo | Cabinet of Paraná (en) | |||
| Órgano lexislativo | Deliberative Council of Paraná (en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | E3100 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 343 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | parana.gob.ar | |||
Paraná é a cidade capital da provincia de Entre Ríos, República Arxentina. Atópase no centro-leste do país, sobre a marxe esquerda do río Paraná.
Posúe 137 km² e unha poboación de 247 863 habitantes, segundo datos definitivos do censo de 2010[1], sendo a cidade máis poboada da provincia. Ademais, é o principal compoñente do aglomerado chamado Gran Paraná. Xunto ao Gran Santa Fe conforman unha área urbana de máis de 850 000 habitantes, unidas por un túnel que atravesa o río. É a décimo cuarta poboación máis grande do país.
Paraná foi formándose na época da colonización española, pero non foi fundada como cidade, senón que a súa formación foi gradual. Entre 1853 e 1861 foi a capital da Confederación Arxentina.
Administrativamente é un municipio cabeceira do departamento Paraná, comprende unha área rural e a localidade do mesmo nome. Desde 2009 existe unha zonificación da cidade, a través de catro unidades relativamente autónomas.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo da cidade provén do río Paraná, en cuxa beira se encontra. A expresión deriva da lingua tupí-guaraní pará = "mar" e ná = "parente". Paraná é, entón "parente do mar", en relación ao seu tamaño.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Datos Censo 2010 por municipio en Entre Ríos
- ↑ Gianello, Leoncio (1951). Historia de Entre Ríos (1520-1910). Biblioteca Entrerriana "General Perón". Tomo III. Paraná: Ministerio de Educación. Pág. 22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Paraná, Arxentina |
