Parada, Xuño, Porto do Son

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Parada
ParroquiaXuño
ConcelloPorto do Son
Poboación86 hab. (2014)

Parada é un lugar da parroquia de Xuño no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 86 habitantes (44 homes e 42 mulleres).

Parada linda ao norte con Carballido, ao leste con Rial, e ao sur con Carballosa estas últimas pertencentes a San Pedro de Muro.

Descrición[editar | editar a fonte]

Está composta por pequenos núcleos do poboación que se solapan. Comezando polo norte e seguindo o curso da estrada AC-550 que a atravesa, a ambas ribeiras da estrada atópase Parada de Arriba, onde radicaba a antiga taberna e ultramarinos. Ao outro lado da estrada atópanse varias casas, e detrás delas sitúase Parada de Abaixo, por onde pasa o río.

Parte da poboación desta aldea emigrou aos Estados Unidos e a Bélxica.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Neste lugar está situada a Mámoa de Parada.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Xuño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Xuño no concello coruñés de Porto do Son

Abelendo | A Agra | A Aradiza | Bistipoi | O Campanario | O Carballal | Carballido | O Carrapatal | O Castelo | As Cernadas | A Coviña | O Cruceiro | O Curro | O Foxo | Guiandón | Laranga | As Laxes | Moucho | Outón | Parada | Pedras Altas | Pocilgas | Pozo Negro | Pozocho | Prado do Monte | Santa Mariña | Sieira | As Trabes | Trasdoanes | Ventoso | O Zapatal

Parroquias de Porto do Son[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son

Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Pedro) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña)