Papuxa picafollas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papuxa picafollas
Papuxa apardazada
Sylvia borin

Exemplar adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sylviidae
Xénero: Sylvia
Especie: S. borin
Nome binomial
Sylvia borin
(Boddaert, 1783)
Sinonimia
  • Motacilla borin Boddaert, 1783
    (protónimo)
Cuculus canorus canorus + Sylvia borin borin

A papuxa picafollas ou papuxa apardazada (Sylvia borin) é unha ave paseriforme da familia dos sílvidos.

Morfoloxía e Hábitos[editar | editar a fonte]

A Papuxa picafollas ten unha lonxitude duns 14 cm e pesa uns 20 gramos. O corpo enteiro é de cor parda oliva exceptuando a parte inferior máis clara. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Habita en bosques mixtos, xardíns e parques. Aliméntase de insectos, arañas e bagas.

Reprodución[editar | editar a fonte]

A época de cría vai dende maio a xullo, consistindo a posta en 4 ou 5 ovos. O tempo de incubación oscila entre os 13-14 días, permanecendo os polos preto de 12 días no niño.

Distribución[editar | editar a fonte]

Común en toda Europa, exceptuando o extremo Siberiano e o sur das penínsulas Ibérica, Itálica e Helénica.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest (en castelán).