Pandalus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pandalus é un xénero de crustáceos decápodos carideos, o tipo da familia dos pandálidos, que comprende numerosas especies de camaróns.

As especies deste xénero son de tamaño mediano e algunhas, de alto valor económico, son obxecto de pesca comercial, capturándose con artes de arrastre.[3]

Unha especie, Pandalus montagui, vive en asociación simbiótica co verme poliqueto, Sabellaria spinulosa.[3]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Viven de 3 a 5 anos, e alcanzan a madurez sexual a idade temperá. Son hermafroditas protoándricos, é dicir, que comezan a súa vida adulta sendo machos para convertérense despois en femias.[2]

A reprodución lévase a cabo na primavera, sendo a fecundación interna. As femias producen até 3 000 ovos, que leva a nai debaixo do abdome durante 6 días antes de que comecen a desenvolvérense as larvas.[2]

As larvas permanecen no plancto entre 4 e 6 meses. Durante este tempo van á deriva nas correntes e teñen un potencial de dispersión de polo menos 10 km.[2]

Teñen unha taxa de crecemento alta, o que significa que as poboacións poden recuperarse rapidamente despois dunha destrución ou dunha perturbación do hábitat. .[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1814 polo zoólogo e biólogo mariño William Elford Leach no capítulo "Crustaceology" na obra dirixida por D. Brewster The Edinburgh Encyclopædia. Edinburgh: A. Balfour, na que tamén describe a familia dos pandálidos.[4]

Especies[editar | editar a fonte]

O World Register of Marine Species (WoRMS) recoñece na actualidade (29 de outubro de 2013) as seguintes vinte especies:[1]

Porén, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (SIIT, 29 de outubro de 2013) só recoñece estas trece:[5]

  • Pandalus borealis Krøyer, 1838
  • Pandalus danae Stimpson, 1857
  • Pandalus eous Makarov, 1935
  • Pandalus goniurus Stimpson, 1860
  • Pandalus gurneyi Stimpson, 1871
  • Pandalus hypsinotus Brandt, 1851
  • Pandalus jordani M. J. Rathbun, 1902
  • Pandalus kessleri Czerniavsky, 1878
  • Pandalus montagui Leach, 1814
  • Pandalus nipponensis Yokoya, 1933
  • Pandalus platyceros Brandt, 1851
  • Pandalus stenolepis M. J. Rathbun, 1902
  • Pandalus tridens M. J. Rathbun, 1902

Ademais, coñécense algunhas outras fósiles.[6]

Pescarías comerciais[editar | editar a fonte]

Pandalus platyceros.

As seguintes especies son pescadas comercialmente:[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Pandalus Leach, 1814 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 T. Komai (1999): "A revision of the genus Pandalus (Crustacea: Decapoda: Caridea: Pandalidae)". Journal of Natural History 33 (9): 1265–1372. Ver en PDF.
  3. 3,0 3,1 3,2 Pandalus Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine. en Marine Macrofauns Genus Trait Handbook.
  4. Pandalus Leach, 1814 no WoRMS.
  5. Pandalus Leach, 1814 no SIIT.
  6. Sammy De Grave, N. Dean Pentcheff, Shane T. Ahyong; et al. (2009). "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 21: 1–109. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xuño de 2011. Consultado o 29 de outubro de 2013. 
  7. Common and scientific names of main cold water prawn and shrimp species Arquivado 04 de setembro de 2012 en Wayback Machine. Responsible Sourcing Guide: cold water prawns.
  8. Selected Shrimps of British Columbia Fisheries and Oceans Canada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.
  • Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4.
  • Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary".
  • Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]