Panagiotis Lafazanis
Panagiotis Lafazanis | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 19 de novembro de 1951, 28 de decembro de 1951 e 1951 |
Lugar de nacemento | Eleusis |
Nacionalidade | Grecia |
Etnia | Gregos |
Alma máter | Universidade de Atenas |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Panagiotis Lafazanis (en grego:Παναγιώτης Λαφαζάνης), nado en Elefsina o 19 de novembro de 1951, é un político grego, dirixente do partido político Unidade Popular.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Lafazanis estudou matemáticas na Universidade de Atenas mais non chegou a graduarse,[2] militou no Partido Comunista de Grecia ata a formación do Synaspismos en 1992, onde serviu como membro do seu Secretariado Político.[2] Entrou por vez primeira no parlamento no ano 2000, reelixido en 2004 e como membro de Syriza en 2009, reelixido en 2012 e 2015. Foi o voceiro de Syriza no parlamento entre 2012 e 2014. Trala vitoria de Syriza en 2016 foi ministro de Reconstrución Produtiva, Medio Ambiente e Enerxía no goberno de Alexis Tsipras entre o 27 de xaneiro e o 17 de xullo de 2015.
Lafazanis foi dirixente da corrente esquerda de Syriza, distanciándose da liña máis moderada do líder do partido Alexis Tsipras,[3] opoñéndose á Troika, ao neoliberalismo e ao mesmo capitalismo, así como á continuidade de Grecia no euro, describindo á Unión Europea como totalitaria.[4][5] O 11 de xullo de 2015 mostrou a súa discnformidade co goberno de coalición de Syriza e Gregos Independentes, absténdose na votación sobre as novas medidas de austeridade para un novo rescate financeiro da Eurozona. Pouco despois cesou no goberno e algo despois a corrente esquerda pasou a converterse nun novo partido, Unidade Popular
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Yardley, Jim (21 de agosto de 2015). The New York Times, ed. "In a Twist, Europe May Find Itself Relying on Success of Alexis Tsipras of Greece".
- ↑ 2,0 2,1 Parlamento Helénico] (ed.). "Panagiotis Lafazanis". Consultado o 27 de xaneiro de 2015.
- ↑ "SYRIZA: Tsipras – Left Platform rift continues to grow". To Vima. 17 de abril de 2014.
- ↑ Spiegel Online, ed. (5 de xaneiro de 2015). "Greek Roulette: What Would Syriza's Victory Mean for Europe?".
- ↑ "“Euro or Drachma” dilemma splits SYRIZA once again". Proto Thema. 14 de abril de 2014.