Saltar ao contido

Palacio de Buckingham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio de Buckingham
Fachada principal do palacio.
Edificio
EstiloClasicista, Neoclásico, Neopalladiano
Localización Reino Unido, Londres
Coordenadas51°30′04″N 0°08′31″O / 51.501, -0.142
Localización de Palacio de Buckingham en Reino Unido
Palacio de Buckingham
PropietarioCarlos III
Uso(s)Residencia real
Construción
Inicio1709
Remate1829
Dimensións
Altura30 m
Superficie77 000 m²
Equipo
Arquitecto(s)William Winde, John Nash, Edward Blore
editar datos en Wikidata ]

O Palacio de Buckingham, en inglés Buckingham Palace, é a residencia oficial do monarca británico en Londres.[a][2] Situado na municipalidade de City of Westminster, o palacio adoita ser o centro de cerimonias e visitas de Estado. É un punto de encontro para o pobo británico en tempos de crise e de festividade nacional.

Coñecido orixinalmente como a «Casa de Buckingham», en inglés Buckingham House, o edificio que constitúe o núcleo do actual palacio era unha gran casa construída para o duque de Buckingham en 1703, nun terreo que fora de propiedade privada, polo menos, durante 150 anos. O rei Xurxo III adquiriuna en 1761 como residencia privada para a raíña Carlota de Mecklemburgo-Strelitz e pasou a chamarse The Queen's House, «A Casa da Raíña». Durante o século XIX foi ampliado polos arquitectos John Nash e Edward Blore, que construíron tres ás arredor dun patio central. O Palacio de Buckingham converteuse na residencia londiniense do monarca británico coa chegada da raíña Vitoria en 1837.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O palacio, orixinalmente coñecido como Buckingham House, era nun principio un petit hôtel construído para o primeiro duque de Buckingham en 1703 e adquirido polo rei Xurxo III do Reino Unido en 1762 para o converter en residencia privada. Nos seguintes 75 anos sufriu unha serie de ampliacións dirixidas por John Nash e Edward Blore (1850), creándose tres ás formando un patio central aberto. Coa chegada ó trono da raíña Vitoria, o palacio pasou a ser a residencia oficial dos monarcas. Nos séculos XIX e XX fixéronse algunhas reformas no palacio, como a que se levou a cabo en 1913 (a cargo de Aston Webb e que deu a fachada principal a súa imaxe actual, incluíndo o balcón desde o cal saúda a Familia Real).

O interior xeorxiano orixinal compoñíase de brillantes xesos con incrustacións de lapislázuli azul e rosa. Eduardo VII redecorou o palacio incorporándolle unha decoración do tipo Belle époque en tons crema e dourados. O lago artificial foi creado en 1828 e recibe auga do Lago Serpentine, que se atopa en Hyde Park.

  1. Por tradición, a Corte Real británica reside oficialmente no Palacio de St. James, o que significa que, aínda que os embaixadores estranxeiros que asumen o seu novo cargo son recibidos polo soberano británico no Palacio de Buckingham, están acreditados ante a "Corte do Palacio de St. James". Esta anomalía mantense por tradición, xa que o Palacio de Buckingham é, a tódolos efectos, a residencia oficial. Véxase: [1]
  1. "History of St James's Palace" (en inglés). 2008/2009. Archived from the original on 29/05/2010. Consultado o 26/07/2014. 
  2. "Buckingham Palace". www.royal.uk (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]