Pagurus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pagurus é un xénero de crustáceos decápodos anomuros paguroideos da familia dos pagúridos.

Como outros cangrexos ermitáns, o seu abdome non está calcificado, polo que usan cunchas de caracol como casas portátiles.

Estes crustáceos decápodos mariños son omnívoros, e atacan a animais pequenos pero, sobre todo, son necrófaglos e preeiros.

Trigonocheirus e Pagurixus adotaban seren considerados subxéneros de Pagurus, pero a día de hoxe o primeiro está incluído no xénero Orthopagurus, mentres que o segundo foi separado como un xénero distinto.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero Pagurus foi establecido en 1775 polo naturalista danés Johan Christian Fabricius.[1]

Ao longo da historia foi coñecido polos seguintes sinónimos:[3]

  • Bernhardus Dana, 1851
  • Eupagurus Brandt, 1851
  • Nympagurus Boone, 1932

Especies[editar | editar a fonte]

Na actualidade unhas 170 especies están situadas no xénero Pagurus. Moitas outros foron emprazadas nel nun momento ou outro, pero agora se asignan a outros xéneros dos Paguroidea. Normalmente, unhas poucas especies novas son descubertas cada ano. A seguinte lista é a vixente a partir de xuño de 2012: [4]

Pagurus anachoretus
Pagurus armatus
Pagurus bernhardus (no Aquarium Finisterrae)
Pagurus edwardsii
Pagurus filholi
Pagurus granosimanus
Pagurus hirsutiusculus
Pagurus lanuginosus
Pagurus longicarpus
Pagurus minutus
Pagurus nigrofascia
Pagurus pectinatus
Pagurus pollicaris
Pagurus prideaux
Pagurus samuelis

As seguintes son todas nomina nuda. Nunca foron validamente descritas como novas especies, e só mencionadas con estes noms:[3]

  • Pagurus bunomanus Glassell, 1937
  • Pagurus crenatus Hope, 1851
  • Pagurus cuanensis Thompson, 1844
  • Pagurus cultratus White, 1847
  • Pagurus hirtimanus White, 1847
  • Pagurus hyndmani Thompson, 1844
  • Pagurus laevis Thompson, 1844
  • Pagurus ulidiae Thompson, 1843

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Johan Christian Fabricius (1775). Systema Entomologiae, sistens Insectorum Classes, Ordines, Genera, Species, adjectis Sysnonymis, Locis, Descriptionibus, Observationibus. Flensburg & Leipzig: Officina Libraria Kortii. pp. 1–832. 
  2. Patsy A. McLaughlin, Tomoyuki Komai, Rafael Lemaitre & Dwi Listyo Rahayu (2010). Martyn E. Y. Low and S. H. Tan, ed. "Annotated checklist of anomuran decapod crustaceans of the world (exclusive of the Kiwaoidea and families Chirostylidae and Galatheidae of the Galatheoidea)" (PDF). Zootaxa. Suppl. 23: 5–107. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xaneiro de 2012. Consultado o 25 de agosto de 2014. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Pagurus Fabricius, 1775 no WoRMS.
  4. Michael Türkay (2010). Patsy McLaughlin, ed. "Pagurus Fabricius, 1775". World Paguroidea database. World Register of Marine Species. Consultado o 25 de agosto de 2014.. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]