Paco Boya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paco Boya
(Paco Boya) Madrid, ciudad amiga de las montañas 06 (cropped).jpg
Nacemento23 de xaneiro de 1960
 Les
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, músico e escritor
editar datos en Wikidata ]

Francés Xavier Boya Alòs, nado en Les (Lleida) o 23 de xaneiro de 1960, máis coñecido como Paco Boya, é un político, escritor, músico e senador aranés, que foi Síndico de Arán entre 2007 e 2011.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de formación profesional e é técnico de grado medio en electricidade. Foi xefe de departamento na Administración da Generalitat de Cataluña durante oito anos. Foi director do programa Era lucana de Televisión Española en Cataluña (1989-1990) e colaborou co xornal Segre e a revista Descobrir Catalunya.

É autor do libro Aran, da guía literaria Era Val d'Aran (1995), das narracións curtas L'alè del bosc (1997) e da novela Presoèrs dera mar gelada (1999), pola que recibiu o premio Les Talúries en 1998.

Recibiu a medalla da cidade francesa de Bagnères-de-Luchon (1998) e a medalla Stéphen Liégeard (1999) pola obra Presoèrs dera mar gelada.

Actividade política[editar | editar a fonte]

É membro fundador do partido Unitat d'Aran (1978), do que é secretario xeral, afiliado ao Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) dende 1995. Foi concelleiro de Cultura do Concello de Les (1989-2003) e tamén tenente de alcalde (1991-2007). Ademais foi deputado no Parlament de Catalunya (1999-2010).

Nas eleccións de maio de 2007 ao Consello Xeral de Arán, Unitat d'Aran foi a forza máis votada e co apoio do Partit Renovador d'Arties-Garòs foi investido Síndico de Arán. En 2011 non conseguíu ser reelixido.

Entre 2011 e 2015 foi senador. En 2015 é elixido na Deputación de Lleida onde forma parte do grupo Unitat d'Aran-Coalició de Progrès.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Carles Barrera Sánchez
 Flag-Val d' Aran.svg
Síndico de Arán
 
2007-2011
Sucesor:
Carles Barrera Sánchez