Pablo Solón Romero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, activista climático, ecoloxista, activista, ecoloxista |
Familia | |
Pai | Walter Solón |
Páxina web | pablosolon.wordpress.com |
Pablo Solón Romeu é un activista e diplomático boliviano. Formou parte do goberno presidido por Evo Morales con diferentes responsabilidades desde 2006 a 2011. De 2009 a 2011 foi embaixador do Estado Plurinacional de Bolivia ante as Nacións Unidas. De 2012 a 2015 foi director Executivo da ONG Focus on the Global South, un grupo de reflexión activista, con sede en Bangkok. En xullo de 2015 dimitiu para regresar a Bolivia. Na actualidade é director da Fundación Solón e lidera o "Observatorio Boliviano de Cambio Climático e Desenvolvemento".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do muralista boliviano Walter Solón Romero que cultivou a arte social, Pablo Solón implicouse como activista durante anos en diferentes organizacións sociais, movementos indíxenas, sindicatos de traballadores, asociacións estudantís, de dereitos humanos e organizacións culturais en Bolivia entre elas a Fundación Solón que inicia en 1994 co seu pai na que se combina a arte coa crítica social, a imaxe coa análise e se debate sobre os dereitos da natureza e da auga, os tratados de libre comercio, a democracia, etc.[1]
En 2006 co goberno do presidente Evo Morales, traballou como embaixador representante plenipotenciario para temas de Integración e Comercio, secretario da Unión de Nacións Suramericanas (UNASUR) (decembro 2006-maio 2008) e foi delegado na Comisión de Reflexión Estratéxica para a Integración de América do Sur (2006).
En 2009, impulsa resolucións sobre o Dereito Humano á Auga, o Día da Nai Terra Internacional, Harmonía coa Natureza, os Dereitos dos Pobos Indíxenas e unha defensa moi forte das políticas "controvertidas" do goberno boliviano respecto dos seus aliados políticos na rexión. Solón foi especialmente activo nas negociacións sobre cambio climático no marco da UNFCCC, e axudou a organizar a Conferencia Mundial dos Pobos sobre o Cambio Climático celebrada en Cochabamba, en 2010.
Na Conferencia de Nacións Unidas sobre Cambio Climático de 2010 defendeu a firme posición de Bolivia.
En decembro de 2011 participou na Conferencia da ONU sobre Cambio Climático de Durban e avogou polo cambio de relación coa natureza defendendo o restablecemento da harmonía.
En abril de 2012, Solón asumiu a dirección executiva da ONG con sede en Bangkok Focus on the Global South, onde continuou traballando na loita contra o cambio climático e a promoción da Declaración sobre os Dereitos da Nai Terra. En setembro de 2012, participou en varios obradoiros da Universidade de Verán da ONG altermundista Attac en Tolosa (Francia). En xullo de 2015 dimitiu de Focus on the Global South para regresar a Bolivia.
Na actualidade dirixe a Fundación Solón e continúa o seu activismo desde o "Observatorio Boliviano de Cambio Climático y Desarrollo" contra o extractivismo, a defensa da enerxía solar, a loita contra os transxénicos e contra o cambio climático, expoñendo a oportunidade de fortalecer as organizacións sociais e manter a autocrítica desde o poder.[2][3] Tamén é crítico co goberno de Evo Morales denunciando que aplica un tradicional modelo desarrollista do pasado.[4]
En 2016 publicou o libro ¿Es posible vivir bien? Reflexiones a Quema Ropa sobre Alternativas Sistémicas analizando o proceso de construción do concepto do Vivir Ben, avaliar o que foi a súa aplicación en Bolivia e Ecuador e expor os retos tras unha década de gobernos progresistas nos Andes. "É posible o Vivir Ben máis aló da comunidade indíxena?" expón Solón.[5]
Na actualidade é un crítico contestatario da política exercida polo goberno de Evo Morales, activista asiduo do programa "Cabildeo", destácase polo seu posicionamento ecoloxista.[6][7]
Premios
[editar | editar a fonte]- 2011 Gañador do Premio Internacional de Dereitos Humanos 2011 outorgado pola ONG Global Exchange.
Obras
[editar | editar a fonte]- ¿Es posible vivir bien? Reflexiones a Quema Ropa sobre Alternativas Sistémicas (2016) Fundación Solón.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vida". Fundación Solón (en castelán). 25 de xaneiro de 2015. Consultado o 15 de abril de 2017.
- ↑ "Pablo Solón: Tenemos que ser guarda bosques por la Madre Tierra". Los Tiempos (en castelán). 5 de decembro de 2015. Consultado o 15 de abril de 2017.
- ↑ Pablo Solón (25 de febreiro de 2016). "Algunas reflexiones, autocríticas y propuestas sobre el proceso de cambio en Bolivia". Consultado o 15 de abril de 2017.
- ↑ "“Van a quemar el planeta, y Bolivia no es la excepción”: Pablo Solón" (en castelán). Consultado o 15 de abril de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 "¿Es posible vivir bien?: Un libro de Pablo Solón". Otras Voces en Educacion (en español). 9 de setembro de 2016. Consultado o 15 de abril de 2017.
- ↑ "Lucha Libre| TIPNIS: La sentencia de la naturaleza".
- ↑ "Lucha Libre| Mentiras y omisiones del discurso de Evo".