Pablo Rubén Eyré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPablo Rubén Eyré

Pablo Rubén Eyré en 2016.
Biografía
Nacemento1 de abril de 1958 (66 anos)
Vilanova, A Laxe (Chantada), Galicia Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa e poesía
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Pablo Rubén Jorge Eyré, nado en Vilanova (A Laxe, Chantada) o 1 de abril de 1958,[1] é un escritor en lingua galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ten colaborado nos xornais El Progreso, La Voz de Galicia, La Región e en Artes e Letras, suplemento cultural do Faro de Vigo, co pseudónimo de Xohana de Arxilleiros. Tamén foi colaborador de Dorna, revista de expresión poética galega da USC. Un dos seus poemas máis emblemáticos figura posto en pedra pola Deputación Provincial de Lugo no alto da Serra do Faro, a petición pública de Uxío Novoneyra.[2]

Dende moi novo desenvolveu diversas actividades políticas e culturais en defensa dos intereses de Galiza. Durante uns anos presidiu a asociación cultural Lumieira, fundou o colectivo cultural Agrela e a Irmandade Cultural País do Faro. Á súa vez tivo un papel destacado na fundación da revista de información e debate Alén-Parte. Foi tamén presidente do Círculo Recreativo e Cultural de Chantada. Actualmente é membro do Consello de Redacción da revista Alicerces.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Algúns personaxes ilustres de Chantada". Concello de Chantada. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2021. Consultado o 12 de agosto de 2017. 
  2. "Buscando na liña do ceo". Dezarutas. Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  3. "Alicerces, unha revista de estrea". Galicia dixital. 28 de xuño de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  4. "A verdade nos espellos". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2017. Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  5. Redacción (14 de novembro de 2014). "Un libro de relatos do chantadino Eyré gaña o ‘Risco' de Literatura". La Región. Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  6. Francisco Albo (5 de decembro de 2014). "Creo que a miña obra se inscribe na tradición luguesa". La Voz de Galicia. Consultado o 10 de agosto de 2017.