Saltar ao contido

Pablo Domínguez Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPablo Domínguez Prieto
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1966 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de febreiro de 2009 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Moncayo, España Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia Comillas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía e filosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico, teólogo, filósofo, sacerdote Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1038409

Pablo Domínguez Prieto, nado en Madrid o 3 de xullo de 1966 e finado no Moncayo o 15 de febreiro de 2009, foi un sacerdote, filósofo e teólogo español, e decano da Facultade de Teoloxía San Dámaso de Madrid. Impulsou, así mesmo, a fundación da Facultade de Filosofía San Dámaso de Madrid. Ambas institucións atópanse na actualidade adscritas á Universidade San Dámaso.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou en San Dámaso entre 1984 e 1989 e foi ordenado sacerdote en 1991. Continuou os seus estudos de filosofía na Universidade de Münster, na Universidade Pontificia Comillas e na Universidade Complutense de Madrid. Nesta última obtivo un doutoramento e traballou como capelán. Exerceu como catedrático de Filosofía sistemática en San Dámaso dende 1998.

Como filósofo e teólogo impartiu numerosos cursos e conferencias e escribiu varios artigos e libros.[2] Foi membro do consello de redacción da revista Communio e da Revista española de teoloxía, así como colaborador asiduo do programa radiofónico A lanterna da Igrexa na COPE.[3] Ademais, foi profesor convidado en varias universidades, como a de Alcalá de Henares, a Facultade de Teoloxía de El Callao (Perú) e o Seminario Redemptoris Mater de Ámsterdam.[4]

Moi afeccionado ao montañismo, faleceu nun accidente no Moncayo xunto con Sara de Jesús Gómez, profesora da Universidade Francisco de Vitoria.[5] En 2010 publicouse o seu «testamento espiritual», Hasta la cumbre, que recolle as conferencias que deu antes de morrer no Mosteiro de Santa María de la Caridad, en Tulebras (Navarra).

O documental La última cima, dirixido por Juan Manuel Cotelo e estreado o 3 de xuño de 2010, relata a súa vida. Foi un éxito en España e nalgunhas cidades de Latinoamérica.[6]

A aula principal de conferencias da Universidade San Dámaso de Madrid, na planta baixa da súa sede central na rúa Jerte, leva o seu nome.

Obra (selección)

[editar | editar a fonte]
  1. Ortega, Javier (20 de febreiro de 2009). "Decano de la 'San Dámaso'". El Mundo. Consultado o 27 de maio de 2010. 
  2. Catálogo de obras en Dialnet
  3. Sasot, Mario (22 de febreiro de 2009). "Un prelado entre montañas: Pablo Domínguez Prieto. Sacerdote y montañero, fallecido en una ascensión al Moncayo". enmemoria.com. Consultado o 27 de maio de 2010. 
  4. Bedoya, Juan (18 de febreiro de 2009). "Pablo Domínguez Prieto, decano de la San Dámaso". El País. Consultado o 27 de maio de 2010. 
  5. Agencia EFE (16 de febreiro de 2009). "Localizados sin vida dos montañeros madrileños en el Moncayo". Consultado o 27 de maio de 2010. 
  6. ACI (21 de maio de 2010). "Nueva película sorprende a españoles por hablar bien de sacerdotes". Aciprensa. Consultado o 27 de maio de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]