Pa Tepaeru Teariki Upokotini Marie Ariki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPa Tepaeru Teariki Upokotini Marie Ariki
Biografía
Nacementosetembro de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Outro
TítuloAriki Editar o valor em Wikidata
Premios

Pa Tepaeru Teariki Upokotini Marie Ariki ou Marie Peyroux, nada en setembro de 1947, é ariki da dinastía Pa Ariki da tribo (vaka) Takitumu da illa de Rarotonga nas Illas Cook.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Investida como ariki o 27 de xuño de 1991[1] logo da morte da súa nai Pa Tepaeru Terito Ariki. En 1992 asumiu a presidencia da Cámara dos Ariki, función que ocupou ata 2002, substituída por Tou Travel Ariki. En 1993 participou co seu sogro Tom Davis na expedición cara a Tahití e Samoa realizada na Takitumu, unha canoa tradicional (vaka), para recuperar as técnicas de navegación tradicionais dos polinesios. En 2002 o goberno das Illas Cook nomeouna cónsul de Auckland

En 2003, a raíña Isabel II concedeulle o título de oficial da Orde do Imperio Británico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Queens Birthday honours for five Cook Islanders". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2010. Consultado o 28 de decembro de 2010.