Pa Tepaeru Terito Ariki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pa Tepaeru Terito Ariki
Pa Terito Ariki.jpg
Nacemento14 de agosto de 1923
Falecemento3 de febreiro de 1990
 Auckland
NacionalidadeIllas Cook
RelixiónFe Bahá'í
Educada enHukarere Girls College
editar datos en Wikidata ]

Pa Tepaeru Terito Ariki, nada o 14 de agosto de 1923 e finada o 3 de febreiro de 1990, foi ariki da dinastía Pa Ariki da tribo Takitumu, na illa de Rarotonga (Illas Cook).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Terito quedou investida ariki en 1924 cando tan só tiña un ano. En 1934 estableceuse en Nova Zelandia para estudar na Hukarere Maori Girls College School de Napier, volveu a Rarotonga a mediados da década de 1940 para asumir o seu papel de ariki. Na década de 1950 converteuse ao bahaísmo, como o primeiro dos ariki contemporáneos non cristián, o que implicou reticencias entre os membros da tribo[1], aínda que o anuncio feito pola ariki de non facer proselitismo e de asistir ao servizo dominical da Igrexa Cristiá en Ngatangiia eliminou as tensións. Casou en primeiras nupcias con George Ani Peyroux, co que tivo nove fillos, logo de se divorciar casou en 1979 con Tom Davis, entón primeiro ministro do arquipélago. Negándose a utilizar o título de primeira dama[2]. Escribiu a letra do Himno das Illas Cook e foi presidenta da Cámara dos Arikis de 1980 a 1992 e opúxose publicamente a algunhas decisións políticas de seu home, como a construción dun complexo hoteleiro nas terras da tribo[3]. Morreu durante unha viaxe en avión cara a Nova Zelandia para asister ao Waitangi Day, xornada de conmemoración do Tratado de Waitangi. Sucedeulle no título súa filla Marie Peyroux co nome de Pa Tepaeru Teariki Upokotini Marie Ariki.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mel Kernahan "White Savage inthe South Seas" p.92
  2. "White Savages in the South Seas" p.84
  3. "White Savages in the South Seas" p. 197

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Mel Kernahan, "White Savages in the South Seas" Verso, 1995.