Arquipélago das illas Salomón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Arquipélago das illas Salomón é un arquipélago de Oceanía localizado no oeste do océano Pacífico, ao leste da illa de Nova Guinea. Está situado na subrexión continental da Melanesia, dentro da rexión bioxeográfica de Oceanía Próxima. As illas máis occidentais constitúen a Rexión Autónoma de Bougainville e pertencen a Papúa Nova Guinea, o resto das illas pertencen ao estado homónimo das Illas Salomón[1]. O arquipélago, situado dentro dun rectángulo de preto de 1 100 quilómetros de longura e 600 quilómetros de largura, ten unha superficie total duns 40 000 km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

Arquipélago das illas Salomón (en amarelo as pertencentes ás Illas Salomón e en marrón as de Papúa Nova Guinea).

A illa de maior extensión é Bougainville, pertencente a Papúa Nova Guinea. O resto do arquipélago pertencente a este país son illotes, agás a illa de Buka, situada ao noroeste de Bouganville e separada desta por un estreito e profundo canal de só 200 metros de largo.

As outras illas principais e unha infinidade de illotes de corais tornáronse independentes o 7 de xullo de 1978 co nome de Illas Salomón, cuxa capital é Honiara, localizada na illa de Guadalcanal, a maior do país e a segunda do arquipélago. Outras illas son Choiseul, Nova Xeorxia, Santa Isabel, Malaita e Makira (antes San Cristóbal).

As principais illas que compoñen o arquipélago das illas Salomón son as seguintes[1]:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Biggest Islands In The Solomon Islands Archipelago". WorldAtlas (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2021.