Oviraptoridae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oviraptoridae
Rango fósil: Cretácico
Heyuania.
Heyuania.
Estado de conservación
Fósil
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda
Infraorde: Oviraptorosauria
Superfamilia: Caenagnathoidea
Familia: Oviraptoridae
Barsbold, 1976
Xéneros

Ver o texto.

Oviraptoridae é unha familia de dinosauros terópodos oviraptorosaurianos, que viviron dende o Cretácico inferior até o Cretácico superior (fai aproximadamente 125 e 65 millóns de anos, desde o Aptiano até o Mastrichtiano), no que hoxe é Mongolia e China.

Descrición[editar | editar a fonte]

Os ovirraptóridos podían chegar a medir até 8 m aínda que a maioría non excedía os 2. Posuían un característico peteiro desdentado e curvado. Algúns membros desta familia, como o ovirráptor ou o citipati, presentan unha crista semellante á do casuario. Debido á súa posición filoxenética, probablemente os ovirraptóridos presentaban plumas.

Sistemática[editar | editar a fonte]

Oviraptoridae defínese como o clado máis inclusivo que contén ao Oviraptor philoceratops (Osborn, 1924) mais non ao Chirostenotes pergracilis (Sternberg, 1940).

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Oviraptorinae[editar | editar a fonte]

Oviraptorinae é unha subfamilia de dinosauros terópodos ovirráptoridos que viviron no Cretácico superior (fai aproximadamente 84 e 65 millóns de anos, no Campaniano e o Mastrichtiano, no que é hoxe Mongolia e China.

Oviraptorinae defínese como o clado máis inclusivo que contén ao Oviraptor philoceratops (Osborn, 1924) e a Citipati osmolskae (Clark, Norell, & Barsbold, 2001).

Ingeniinae[editar | editar a fonte]

Ingeniinae é unha subfamilia de dinosauros terópodos ovirráptoridos que viviron no Cretácico superior (fai aproximadamente 84 e 65 millóns de anos, no Campaniano e o Mastrichtiano, no que é hoxe Mongolia e China.

Oviraptorinae defínese como o clado mais inclusivo que contén Ingenia yanshini (Barsbold, 1981) e a Conchoraptor gracilis (Barsbold, 1986).

Galería[editar | editar a fonte]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Pódese descargar un moi bo libro que trata sobre os integrantes desta familia e pode ser descargado nesta ligazón: http://www.losquesevan.com/foro/los-extranos-dinosauros-coleccion-on-line-t92.html

Notas[editar | editar a fonte]

  • Paul, G.S. (2002). Dinosaurs of the Air: The Evolution and Loss of Flight in Dinosaurs and Birds. Baltimore: Johns Hopkins University Press.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Oviraptoridae