Saltar ao contido

Ourente de Auch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOurente de Auch

Santo Ourente na igrexa de Santo Ourente de Entíns Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IV (<390) Editar o valor en Wikidata
Osca Editar o valor en Wikidata
Mortec. 444 Editar o valor en Wikidata
Auch, Francia Editar o valor en Wikidata
Arcebispo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, sacerdote católico, escritor, bispo católico Editar o valor en Wikidata
PeríodoBaixo Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Período de actividadeséculo IV Editar o valor en Wikidata - século V Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa1 de maio Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisOrentius of Huesca Editar o valor en Wikidata  e Patientia of Huesca Editar o valor en Wikidata
IrmánsLourenzo mártir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1054073 Find a Grave: 95158913 Editar o valor en Wikidata

Ourente de Auch[1], coas variantes Orente[1] e Orencio[2], (posiblemente do latín Orientius 'oriental'[1]) foi, segundo a tradición, bispo de Auch, venerado como santo.

Biografía

[editar | editar a fonte]

A tradición aragonesa faino orixinario de Huesca e irmán de San Lourenzo, mais, debido ás cronoloxías, é improbable. Tamén se adoita sinalar que era fillo de Orencio e Paciencia. Existe bastante acordo nas fontes en advertir que foi elixido bispo de Auch (Francia), cargo que exerce con xustiza. Cando o sitio de Tolosa, logrou a paz entre visigodos e romanos. Este feito foi fundamental para que frutificase a posterior coalición contra Atila.

Consérvanse 24 salmos atribuídos ao santo nun códice de Tours.

Confluencia con Orientius, poeta

[editar | editar a fonte]

Nalgunhas fontes conflúe con outro Orientius, poeta cristián de lingua latina do que se conservou, principalmente, unha especie de longo sermón en dísticos elexíacos, Commonitorium fidelium, que alecciona o home para que se poña en garda contra os obstáculos (a envexa, a luxuria, a guerra, a ebriedade...).

En Galicia, venérase na igrexa parroquial de Santo Ourente de Entíns, Outes.[3] Por este motivo, existen algunhas cantigas e refráns que aluden a santo Ourente e mais a san Campio, que ten unha capela nesta mesma parroquia[3]:

  • San Orente foi militar / que xa foi servir ó rei / i ahora está no altare.[3]
  • San Orente foi obispo / San Campio foi militar / ahora que xa son vellos / están xuntos no altar.[3]
  • San Campio e san Ourente / están os dous nun altar / Santo Ourente é pescador / e San Campio militar.[3]
  • Vamos ó San Campio, nena / san Campio é mui valente / que ten a súa capela / na fonte de santo Ourente.[3]
  1. 1,0 1,1 1,2 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-16. 
  2. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-16. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario de nomes galegos. Ir Indo.