Ostra portuguesa
A ostra portuguesa ou ostra rizada (Crassostrea gigas, Thunberg 1793; antes Crassostrea angulata) é un molusco bivalvo mariño da familia Ostreidae, orde Ostreida, semellante á ostra común pero menos apreciada.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]A cuncha é sólida e inequivalva: a valva inferior ou esquerda é cóncava e a superior ou dereita é lixeiramente convexa, e encaixa na outra. Esta forma curvada serve para diferenciala da ostra común, así como o feito de ter a cuncha irregularmente alongada e estreita (a común ten unha forma circular). Pode medir ata 15–17 cm de lonxitude, aproximadamente o triplo que a súa anchura.
Presenta unha superficie moi irregular, cun costelas lonxitudinais amplas e sucos concéntricos. As escamas de crecemento son grandes. A cor oscila desde abrancazada ou crema a marrón con manchas púrpura, sompre con áreas claras e escuras irregularmente repartidas. O interior é branco anacarado, usualmente coas marxes tinxidas de púrpura.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Esta especie procede das costas asiáticas do Pacífico (polo que tamén se coñece como ostra xaponesa), desde onde foi introducida no resto do mundo para prácticas de ostricultura. En condicións naturais crece sobre rochas ou madeiras somerxidas, a pouca profundidade.
Trátase dun animal filtrador que retén as algas e partículas en suspensión.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ostra portuguesa |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ostra portuguesa |