Jone Goirizelaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJone Goirizelaia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(eu) Jone Goirizelaia Ordorika Editar o valor em Wikidata
30 de outubro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
21 de outubro de 2016 – 13 de setembro de 2019 – Diana Urrea Herrera (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
18 de xullo de 2016 – 2 de agosto de 2016
← Oskar Matute

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
8 de xuño de 2001 – 22 de febreiro de 2005

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
25 de novembro de 1998 – 20 de marzo de 2001

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
30 de novembro de 1994 – 1 de setembro de 1998

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
18 de decembro de 1990 – 30 de agosto de 1994

Circunscrición electoral: Biscaia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto - dereito Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , avogada Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAbogados Bidebarrieta Editar o valor em Wikidata
Partido políticoHerri Batasuna
Euskal Herritarrok
Euskal Herria Bildu Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosIbon Altuna Editar o valor em Wikidata
NaiPilar Ordorika Editar o valor em Wikidata
IrmánsIñaki Goirizelaia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesRuper Ordorika (curmán) Editar o valor em Wikidata

Jone Goirizelaia Ordorika, nada en Bilbao o 30 de outubro de 1956 é unha avogada e política de ideoloxía independentista vasca. Ocupou cargos relevantes en distintos partidos políticos da esquerda abertzale e foi deputada do Parlamento Vasco durante varias lexislaturas.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito pola Universidade de Deusto, xunto con Iñigo Iruin é unha referente entre os avogados vinculados á esquerda abertzale. A súa presenza é notoria en xuízos da Audiencia Nacional, desempeñando habitualmente tarefas de defensa cara a aqueles membros da esquerda abertzale que fosen acusados de colaborar con ETA. Entre outros casos tamén defendeu os intereses da familia de Íñigo Cabacas, que morreu nunha carga de pelotas de goma da Ertzaintza.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

En 1990 foi elixida parlamentaria na cámara autonómica vasca por primeira vez, cargo que foi renovando en sucesivas eleccións até 2005, por Herri Batasuna (HB). Ese ano non puido presentarse á reelección, debido á ilegalización de Batasuna en aplicación da Lei de Partidos.

Formou parte do colectivo Ahotsak (Voces), un colectivo de mulleres de distintas sensibilidades políticas en favor dunha solución dialogada e sen violencia ao conflito vasco, que se creou en 2006 durante o Proceso de paz con ETA do Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero.

Nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2012 ocupou o oitavo lugar da candidatura de Euskal Herria Bildu por Biscaia, sen que resultase electa. Tras a renuncia de Oskar Matute, ao ser este elixido deputado do Congreso, Jone Goirizelaia tomou posesión da acta de deputada do Parlamento Vasco o 18 de xullo de 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]