Os da Ría
| Os da Ría | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Composto por
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| Wikidata |

Os da Ría è unha banda de música de Santiago de Compostela, activa entre 2009 e 2017 e de novo dende 2022 coa formación orixinal. O seu repertorio musical recorre, desde o territorio do absurdo, da crítica máis ácida e da parodia, a vida social, cultural e política de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O grupo naceu nas Ultranoites da desaparecida Sala Nasa. Ademais das súa actividade musical participan en movementos en defensa da lingua galega e promocionan o seu uso. Eles mesmos describen o seu tipo de música como "canción lixeira galegueira mais con moito sentimento".[1]
Carlos Meixide (Coñecido musicalmente por Arturo Puy) e Tomás Lijó (Coñecido musicalmente por Fabián Santomé), coñécense xa desde 1995, xa integrados no mundo da música. Daquela Arturo tiña en mente algún proxecto con Teo Cardalda, e Fabián facía correccións lingüísticas para as cancións de Manolo Muñiz. No 2009 únense e en compañía de catro músicos forman Os da Ría: Suso Pián (teclado), Eneko Toba (guitarra), Roque Permuy (baixo), Ramón Reynolds (batería) e Arturo e Fabián (voz).[Cómpre referencia]
Discografía
[editar | editar a fonte]Disco Díscolo (2012)
[editar | editar a fonte]No Nadal de 2012 lanzaron o seu disco “Díscolo”, polo cal ampliaron a banda con tres dos membros da Magnifique Band dos Homes sen Medo e o Coro da Ra nalgunhas cancións. O disco foi gravado nos Estudos A Ponte.[2]
| Cancións do disco |
|---|
| "Froilán terceiro, ti es o noso herdeiro" |
| "Infanta Helena" |
| "Chinchín polo borrachín do pueblo" |
| "Hoxe é un día distinto, é o día do viño tinto" |
| "Caramba, que guapa estas" |
| "Alberte Núñez Feixóo" |
| "Sin duda leo a Neruda" |
| "A Conga de Uxío Novoneyra" |
| "Esta canción non é moi boa pero chega ao corazón" |
| "Galicia, Hai que apandar" |
| "Virando louco" |
| "Bicos, bicos, gústanme os bicos" |
| "Miguel Delibes" |
| "Fernando Ónega" |
Disco Póstumo (2015)
[editar | editar a fonte]| Cancións do disco |
|---|
| "Parrillada de amor" |
| "Unha nova Galicia" |
| "Rosita Fernández Teijeiro" |
| "Lokita Lopone" |
| "Parolada" |
| "Fimno Galego Rancheira" |
| "Toma cachondexo" |
Os da Ría íntimos
[editar | editar a fonte]Tempo despois do lanzamento de "Díscolo" Arturo e Fabián están acompañados só polo seu pianista para acercarse mais ó público.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Os da Ría no Facebook
- ↑ Quadra Producións (2013-12-23). "Os da Ría Concerto Disco Discolo". Consultado o 2017-10-08.