Os contos de Canterbury

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Gravado dos Contos de Canterbury (1484).

Os contos de Canterbury[1] (en inglés medio: Tales of Caunterbury; en inglés, The Canterbury Tales) é unha colección de 24 contos escritos en inglés medio polo escritor inglés Geoffrey Chaucer entre 1387 e 1400. Foron escritos na súa maioría en verso, aínda que hai dous en prosa, e son presentados como parte dunha competencia de narración de historias dun grupo de peregrinos durante unha viaxe de Londres a Canterbury para visitar o santuario de Thomas Becket na catedral de Canterbury.[2] O premio é unha comida na taberna Tabard de Southwark ó seu regreso. Os contos presentan unha estrutura semellante ó Decamerón de Boccaccio.

Os contos de Canterbury é unha das obras máis importantes da literatura inglesa, e quizais a mellor obra da Idade Media en Inglaterra. Foi a derradeira obra de Geoffrey Chaucer, quen en 1386 foi nomeado Contralor de Aduana e Xustiza de Paz en 1386 e, en 1389, escriba da obra do rei. A versión da obra que prevalece hoxe en día procede de dous manuscritos ingleses diferentes, o Ellesmere e os manuscritos Hengwrt. A súa maior contribución á literatura inglesa foi a popularización do inglés vernáculo na literatura, en oposición ó francés, o italiano e o latín. Porén, o inglés fora utilizado como lingua literaria séculos antes de Chaucer e varios dos seus contemporáneos como John Gower, William Langland, o Poeta Pearl e Xuliana de Norwich tamén escribiron obras literarias prominentes en inglés. É incerto até que punto foi Chaucer crucial na evolución desta preferencia literaria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Henrique Arguindey e Maruxa Barrio (ed.). Antoloxía do conto galego do século XX. Editorial Galaxia. p. 20. 
  2. O templo foi destruído no século XVI durante a disolución dos mosteiros.