Saltar ao contido

Os Papalagui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Papalagui
 Instancia de
 Título
Der Papalagi (de)
パパラギ はじめて文明を見た南海の酋長ツイアビの演説集 (ja) Editar o valor en Wikidata
 Subtítulo
Die Reden des Südseehäuptlings Tuiavii aus Tiavea (de) Editar o valor en Wikidata
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
1920 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
VIAF198892192 Editar o valor en Wikidata
Goodreads1085750 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL2215019W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02vqx3q Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX1852546
Wikidata

Os Papalagui é un libro de ficción de Erich Scheurmann en lingua alemá, publicado en 1920 co título orixinal de Der Papalagi. A edición en galego foi editada no ano 2000 por Edicións Positivas, traducida por Onofre Sabaté.

É unha colección de once discursos que o xefe samoano Tuiavii de Tiavea dirixe ao seu pobo, nos que describe unha viaxe por Europa pouco antes da primeira guerra mundial. O autor, Erich Scheurmann, aparece como testemuña e tradutor dos discursos. O título, papalagi, é o nome que os samoanos dan ás persoas de raza branca.

O xefe samoano interpreta a cultura occidental desde a perspectiva dun nativo, criticando a deshumanización e o materialismo da sociedade europea, e describindo con inxenuidade elementos tales coma os cartos ou o teléfono. Tuavii de Tiavea prevén os samoanos para non se deixaren contaminar pola influencia da cultura europea. Cada discurso describe un aspecto da cultura occidental (medida do tempo, vivenda, vestimenta etc). Se ben está relatado cun certo sentido do humor, o ton xeral é de forte crítica cara ás culturas europeas.

Controversia

[editar | editar a fonte]

Moitas das edicións actuais (a galega entre elas) non aclaran que o autor é Erich Scheurmann, publicando a obra como verdadeiros discursos dun xefe samoano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]