Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
| Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
A Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela (OUSC), creada no curso 2010-2011 co nome de Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela,[1] e unha orquestra de cámara que naceu co obxectivo de impulsar nos universitarios e, por extensión, na cidadanía de Compostela, un proxecto educativo e cultural no que o eixo fundamental é a música. O seu director, desde a data da súa fundación, é o mestre Mario Diz.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Creada pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, o grupo que conforma a Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela (uns 60 integrantes)[2] procura de maneira prioritaria a formación musical dos seus membros que, semana tras semana, adquiren un maior compromiso co estudo e a difusión dos valores da música. Para este fin, conta con e agradece todo tipo de colaboracións, que se van plasmando de xeito diverso en cada proxecto.[3]
Desde o 2010 a Orquestra da Universidade afondou en proxectos tan ilusionantes como o aniversario de Debussy co Concerto de Harpa e Orquestra de dito autor, interpretado pola solista Reyes Gómez especialmente convidada para este evento, o Concerto de Violonchelo en Re maior de Haydn, interpretado por Carlos G. Amigo, o monográfico sobre Astor Piazzolla, o monográfico sobre a música galega no que o solista Gregori Nedobora interpretou o 1º Concerto dans le Style Antique, para violín, do compositor e violinista galego Manuel Quiroga. Na temporada 2014-15 interpretou xunto ao coro vigués Gli Apassionati un Magnificat de J. S. Bach e o Gloria de Vivaldi.[3]
Para celebrar o seu quinto aniversario, en 2006, a orquestra publicou unha gravación conmemorativa, en dous CDs, baixo o título Un lustro de historia, noa que se recollen dezaoito obras gravadas en directo en diferentes concertos que ofreceu desde a súa posta en marcha no curso 2010-2011, entre elas varias obras do patrimonio cultural galego, como Camiño de Santiago, de Henrique Saavedra, que supón a única gravación con orquestra até o momento desta obra, o citado Concerto de violín de Manuel Quiroga e a Impresión nocturna, do coruñés Andrés Gaos.[2]
En colaboración coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela[4] realizou unha versión do musical Sweeney Todd de Stephen Sondheim. Participou tamén nas Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela desde o seu inicio, xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia como unha das tres orquestras convidadas. Ao longo da sñua curta vida incorporáronse ao proxecto diversos profesores da orquestra da cidade, a Real Filharmonía de Galicia, así como profesores relevantes do ámbito musical galego.[3]
Ao longo da súa traxectoria, pola orquestra pasaron máis de 200 estudiantes, ofrecendo 25 programas diferentes en máis dunha trintena de concertos, aos que asistiron máis de 3.200 espectadores.[2]
A Orquestra da USC recentemente foi incluída na rede de Orquestras Universitarias Europeas, ENUO,[5] no que participan orquestras de máis de 28 nacionalidades de todaEuropa.[3]
Dirección musical
[editar | editar a fonte]Dende a súa fundación en 2010 está baixo a batuta de Mario Diz.
Mario Diz, é un músico discípulo do mestre Antón García Abril, que desenvolve a súa carreira profesional ligada a diversos proxectos, ademais do xa mencionado. Exerce nos últimos anos unha intensa actividade compositiva para diferentes agrupacións profesionais e didácticas ademais de continuar a súa actividade como profesor de violín e viola na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.
Participantes
[editar | editar a fonte]Neste proxecto participan dous grupos de músicos:
- Grupo residente: Son membros da Comunidade Universitaria da USC con coñecementos previos de tocar algún instrumento pertencente á disposición instrumental da Orquestra do Espazo de Cámara da USC.
- Grupo interino: Son compoñentes de orquestra pero non son membros da Comunidade Universitaria da USC, son estudantes de música de centros oficiais e/ou escolas de música e superaron unha proba específica para ingresar na Orquestra do Espazo de Cámara da USC.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]Espazo de Cámara ofrece concertos gratuítos e de asistencia libre ao longo do curso escolar. Aínda que o seu primeiro concerto tivo lugar a mediados de abril de 2011, o primeiro concerto oficial desta formación tivo lugar o 17 de xuño de 2011, na igrexa da Universidade, co programa seguinte:
- Sinfonía “Ao Santo Sepolcro” Rv 169 - Antonio Vivaldi (Venecia 1678, Viena 1741)
- Concerto para cordas en Re Maior Rv121 - Antonio Vivaldi
- Seis Danzas Galegas, Suite. – Mario Diz
Premio de composición musical
[editar | editar a fonte]A Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela xunto coa Area de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, promoveu no 2017 o "I premio de Composición musical OUSC" a nivel nacional[6]. As obras gañadoras ex aequo desta primeira edición foron:
- “Danza del Gato” KMV28 de Klaus Martínez Veiga
- “Inferno” de Sergio Rodríguez Pena
- “Auga en Movemento” de Juan Daniel Romero Pérez
Sendo excelentísimo tribunal o compositor e mestre Fernando Buide del Real, o director Mario Diz e Pablo Sampedro Magán representante da Área de Cultura da USC[7].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Espazo de Cámara da USC".
- 1 2 3 4 La orquesta de Cámara de la USC repasa sus cinco años en un disco. La Voz de Galicia, 08/12/2016.
- 1 2 3 4 Orquestra da USC USC.
- ↑ Aula de Teatro USC.
- ↑ European Network of University Orchestras Arquivado 12 de abril de 2018 en Wayback Machine..
- ↑ I Premio Composición Musical OUSC. "ORQUESTRA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA".
- ↑ Tribunal. "I Premio de Composición Musical OUSC".