Juan Daniel Romero Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1989 (34/35 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Juan Daniel Romero Pérez, nado en Vigo en 1989, é un músico e compositor galego de carreira militar.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado na especialidade de trombón polo Conservatorio Superior de Música de Vigo e licenciado na especialidade de Composición polo Conservatorio Superior da Coruña. Foi membro da Orquestra moza da Unión Europea. Exerce a carreira de músico militar.[1]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- 2009: I certame de novos intérpretes solistas José Valcárcel da Estrada[2]
- 2017: I premio de composición musical da Universidade de Santiago de Compostela coa obra Augas en movemento[3]
- En 2019 gaña o premio a mellor composición da sección Terceira no XII Concurso Galego de bandas coa obra Contos na lareira.[4]
Obras[editar | editar a fonte]
- Imágenes del ayer, para trombón y piano (2015)[5]
- Auga en movemento, (2017, III actos)
- Contos na lareira (2019)[Cómpre referencia]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "La música contemporánea a Cervantes llega al Palacio en su honor". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2017. Consultado o 16 de novembro de 2017.
- ↑ Premio José Valcárcel. "El premio de solistas viaja a Vigo". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2017. Consultado o 16 de novembro de 2017.
- ↑ I Premio Composición Musical OUSC. "ORQUESTRA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA".
- ↑ #NBM. "Estos son los ganadores del XII Concurso Gallego de Composición - Nuestras Bandas de Musica". Nuestras Bandas de Música (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-10-01.
- ↑ Editorial Dos Acordes. "IMÁGENES DEL AYER, para trombón y piano". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2017. Consultado o 16 de novembro de 2017.