Mario Diz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mario Diz
Nacemento1981
 Poio
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncompositor e director de orquestra
editar datos en Wikidata ]

Mario Diz, nado en Poio en 1981, é un compositor e director[1] de orquestra galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Discípulo do mestre Antón García Abril no eido da composición. Exerce dende os últimos anos unha intensa actividade compositiva para diferentes agrupacións musicais, entre as que cabe destacar estreas absolutas nos últimos ciclos das "Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela"[2] por parte da Banda Municipal de Santiago de Compostela e a suite Todos os nenos soñan, estreada pola mezzosoprano Nuria Lorenzo[3]. Mario Diz compuxo diferentes obras para multitude de formacións de música de cámara.

Mestre de violín e viola, a súa paixón didáctica por estes instrumentos reflíctese na publicación do libro O meu Primeiro Libro de Violín[4] (2015) para a iniciación ó violín dende idades máis temperás.

Dende o ano 2010 é director[5] da Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela.

Obras[editar | editar a fonte]

  • 5 Sentidos (1998). Exposición Arquitecturas 1998, Pontevedra
  • Seis danzas Galegas (2010)
  • O meu primeiro libro de violín (2014)
  • Unidades didácticas Real Philarmonía de Galicia (2014)
  • Variaciones SARA (2016)
  • Es gibt dich (Existes) (2016)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Voz de Galicia. "La Orquesta de Cámara de la USC repasa sus cinco años en un disco". 
  2. Estreno de obras de Mario Diz. "Mario Diz: As melodías do camino/ David Fiuza Souto con la Banda Municipal". 
  3. Estreno "Todos os Nenos Soñan". "A Orquestra do Espazo de Cámara da USC celebra este luns o seu quinto aniversario cun concerto na Catedral". 
  4. Presentación "O meu Primeiro Libro de Violín". "O violín, ao alcance dos máis pequenos". Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2017. Consultado o 16 de novembro de 2017. 
  5. Mario Diz ó frente da OUSC. "El compositor Mario Diz se pone al frente de la Orquesta Universitaria do Espazo de Cámara da USC, creada en 2010". Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2017. Consultado o 16 de novembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externas[editar | editar a fonte]