Orquesta de Cámara Reina Sofía
País | España |
---|---|
Cidade | Madrid |
Teatro | Teatro Monumental |
Anos de actividade | Dende 1984 |
Membros actuais | Carlos Kalmar (director-concertino) |
Circunstancias de creación | 1984 |
Sitio web | Sitio web oficial |
A Orquesta de Cámara Reina Sofía ou OCRS (en galego Orquestra de Cámara Raíña Sofía) é unha orquestra de cámara profesional con sede na cidade de Madrid (España).
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira interpretación da orquestra tivo lugar no Teatro Real de Madrid en 1984 nun concerto presidido pola Raíña Sofía. Dende aquela, a orquestra ten interpretado todo o repertorio para corda e orquestra de cámara e actúa con frecuencia no Auditorio Nacional de Madrid e outras salas de prestixio.
Colaboracións e concertos
[editar | editar a fonte]A orquestra ten colaborado con solistas do talle de Alicia de Larrocha, Pepe Romero, Montserrat Caballé, Philippe Entremont, Nicanor Zabaleta, Joaquín Achúcarro, Henryk Szeryng, Yehudi Menuhin ou Neville Marriner entre outros.
A Orquesta de Cámara Reina Sofía actuou con frecuencia nos máis prestixiosos escenarios de todo o mundo, como o Teatro alla Scala de Milán, Accademia Nazionale di Santa Cecilia de Roma e outros lugares en Zürich, Montevideo e Berna.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en castelán)