Organización política de Alasca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa integrado de Alasca cos diferentes boroughs organizados e as áreas censais do borough non organizado.

O estado de Alasca, xunto co estado de Luisiana que se divide en parroquias, son os únicos estados dos Estados Unidos, que non están divididos en condados, senón que se divide en boroughs. A maioría das cidades máis poboadas de Alasca forman parte dalgún dos dezaseis boroughs organizados, e que funcionan de xeito similar aos condados dos outros estados. Con todo, a diferenza do que ocorre nos outros estados, os boroughs organizados non cobren a totalidade da superficie de Alasca e o resto do estado é coñecido como o borough non organizado.

Para completar o censo de 1970, a Oficina do Censo dos Estados Unidos, en cooperación co estado de Alasca, dividiu a gran porción denominada borough non organizado nun total de once áreas censais, cada unha delas correspondía a un distrito electoral. Con todo estás áreas foron definidas unicamente con fins de análise estatística e non posúen representación administrativa propia. A oficina do censo trata aos boroughs organizados e ás áreas censais de forma equivalente ao nivel dos condados dos outros estados.

Algunhas zonas do borough non organizado recibe certos servizos públicos directamente do goberno do estado de Alasca, polo xeral están relacionados coas forzas da lei e financiamento para educación.

En Alasca existen cinco cidades-borough consolidada, que son similares ás cidade-condado consolidada dos outros estados. Son as cidades e borough de Juneau, Haines, Sitka, Yakutat, así como a cidade máis grande do estado, Anchorage. Aínda que o seu nome legal é o de Municipalidade de Anchorage, a lei estatal deulle consideración de cidade-borough.

Relación alfabética[editar | editar a fonte]

O código de estandarización federal de proceso de información (no orixinal inglés Federal Information Processing Standard (FIPS)), que é usado para identificar de forma única aos estados e condados, proporcionando un único código para cada un deles, asignou a Alasca o código 02.[1] Desta forma combínase co código de calquera condado, neste caso borough organizado ou área censal, para obter un único código, na forma 02XXX. O código FIPS enlaza cos datos almacenados de cada condado.

A continuación se listan os boroughs organizados nunha primeira lista, seguidos das áreas censais do borough non organizado.

Borough organizado Código FIPS[2] Sede do Borough[3] Data de Fundación[3] Etimoloxía Poboación[4] Área[4] Mapa
Aleutianas Orientais 013 Sand Point 1987 Zona leste das Illas Aleutianas. 2.697 hab. 38.881 km2
Anchorage 020 Anchorage
(cidade e borough)
1986 Deriva do gran número de buques que atracaban para carga e descarga. Anchorage en inglés significa "Ancladero". 275.043 5.079 km2
Baía de Bristol 060 Naknek 1962 Provén da Baía de Bristol, ao oeste do Mar de Bering. 1.258 hab. 2.300 km2
Denali 068 Healy 1990 Do monte Denali, rebautizado en 1896 como Monte McKinley en honra ao presidente estadounidense. Coñecido polos indíxenas como Denali, que significa "o grande", é o pico máis alto de norteamérica. 1.893 33.087 km2
Fairbanks North Star 090 Fairbanks 1964 Pola poboación de Fairbanks e pola Estrela Polar ou a Estrela do Norte (North Star). 85.930 hab. 19.280 km2
Haines 100 Haines
(cidade e borough)
1968 Pola poboación, que á súa vez é na honra da "Srta. F.E. Haines" 2.392 hab. 6.071 km2
Borough de Juneau 110 Juneau
(cidade e borough)
1970 Polo co-fundador da cidade, Joseph Juneau. A actual cidade e borough é causa da fusión das anteriores cidades e boroughs de Juneau e Douglas. 30.711 hab. 3.255 km2
Península de Kenai 122 Soldotna 1964 Por Kenayskaya, nome en ruso que recibía a enseada de Cook no Golfo de Alasca. 49.700 hab. 41.473 km2
Ketchikan Gateway 130 Ketchikan 1963 Pola poboación e por ser porta de entrada (Gateway) na fronteira entre Alasca e o Canadá. 14.070 hab. 4.543 km2
Illa Kodiak 150 Kodiak 1963 Pola Illa de Kodiak, que podería vir de "Koniagmiut" ou "Koniag". 13.913 hab. 31.142 km2
Lake and Peninsula 164 King Salmon 1989 No territorio do Borough se encontran moitos lagos e a península de Alasca. 1.823 hab. 80.049 km2
Matanuska-Susitna 170 Palmer 1964 Territorio integrado polo Val Mat-Su, formado polos ríos Matanuska e Susitna. 59.322 hab. 65.423 km2
North Slope 185 Barrow 1972 Cara norte (north slope en inglés) dos Montes Brooks de Alasca. 7.385 hab. 245.435 km2
Northwest Arctic 185 Kotzebue 1986 Área xeográfica que ocupa, o noroeste ártico (nortwest artic en inglés). 7.208 hab. 105.573 km2
Sitka 220 Sitka
(cidade e borough)
1971 Deriva do Shee At'iká en lingua Tlingit, que significa "a xente de fora de Shee (illa de Baranof)." 8.986 hab. 32.276 km2
Yakutat 282 Yakutat
(cidade e borough)
1992 Deriva dos nativos Yakutat de Alasca e a baía homónima. 808 hab. 267 km2

Área non organizada[editar | editar a fonte]

Mapa de Alasca coa zona do borough non organizado destacada.

O borough non organizado é a parte do estado de Alasca que non está comprendido en ningún dos dezaseis boroughs organizados.

Abarca máis da metade da área de Alasca, un total de 970.500 km², unha superficie maior que a de Francia e Alemaña xuntas, aínda que ocupados por só 81.803 habitantes, un 13% da poboación do estado.

A Oficina do Censo dos Estados Unidos dividiu o borough non organizado en once áreas censais, estas divisións só afectan en termos estatísticos, non administrativos, xa que as áreas censais non teñen un administracións propias que as representen. A Oficina do Censo considera ás áreas censais no mesmo nivel que os borough organizados ou os condados dos outros estados.

Área censal Código FIPS Localidade máis poboada (en 2000) Etimoloxía Poboación Área Mapa
Área censal de Aleutians West 016 Unalaska Localizada ao oeste das Illas Aleutianas. 5.465 hab. 36.563 km2
Área censal de Bethel 050 Bethel Pola poboación de Bethel, o asentamento máis grande na área censal. 16.006 hab. 117.865 km2
Área censal de Dillingham 070 Dillingham Pola poboación de Dillingham, o maior asentamento da área censal. A cal recibiu o seu nome polo Senador Paul Dillingham, que recorreu extensamente Alasca en 1903. 4.922 hab. 54,203 km2
Área censal de Nome 180 Nome Pola poboación de Nome, o asentamento máis grande na área censal. 9.196 hab. 73.253 km2
Área censal de Prince of Wales-Outer Ketchikan 201 Craig Pola Illa Prince of Wales e a poboación de Ketchikan 6.146 hab. 32.908 km2
Área censal de Hoonah–Angoon 232 Skagway Polas poboaciones de Skagway, Hoonah e Angoon. 3.436 hab. 29.466 km2
Área censal de Southeast Fairbanks 240 Tok A súa localización é o sueste de Fairbanks 6.174 hab. 64.908 km2
Área censal de Valdez-Cordova 261 Valdez Polas poboaciones de Valdez e Cordova 10.915 hab. 88.886 km2
Área censal de Wade Hampton 270 Hooper Bay Na honra de Wade Hampton III (1818-1902), un líder da cabalería confederada durante a Guerra de Secesión 7.028 hab. 50.942 km2
Área censal de Petersburg 280 Petersburg Polas poboaciones de Wrangell e Petersburg, os asentamentos máis grandes na área censal. 6.684 hab. 23.364 km2
Área censal de Yukon-Koyukuk 290 Galena Polo Río Yukon ("gran río" en Gwich’in) e a poboación de Koyukuk 6.551 hab. 382.912 km2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. National Institute of Standards and Technology. "Publicación 6-4 do FIPS". Arquivado dende o orixinal o 29-09-2013. Consultado o 28-01-2008. 
  2. EPA. "Listado de códgios FIPS". Consultado o 28-01-2008. 
  3. 3,0 3,1 National Association of Counties (Asociación de condados de Estados Unidos). "Buscador de condados de la "National Association of Counties" (Na-Co)". Arquivado dende o orixinal o 27-09-2007. Consultado o 28-01-2008. 
  4. 4,0 4,1 Oficina del censo de los Estados Unidos. Consúltas rápidas de estados e condados. "Consultas rápidas de Alasca na Oficina do Censo dos EE.UU.". Arquivado dende o orixinal o 19-02-2016. Consultado o 28-01-2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]