Organización Nacional Indíxena de Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Organización Nacional Indíxena de Colombia (en castelán: Organización Nacional Indígena de Colombia, ONIC) é unha organización non gobernamental que representa os pobos indíxenas de Colombia, que comprenden unhas 800 000 persoas ou o 2% da poboación do país. Foi fundada en febreiro de 1982 no Primeiro Congreso Indíxena Nacional, levado a cabo en Bosa, coa participación de mil cincocentos delegados dos máis diversos sitios de Colombia, onde se aprobaron os principios de Unidade, Terra, Cultura e Autonomía. No presente a sede da ONIC atópase na cidade de Bogotá.

Historia[editar | editar a fonte]

A organización indíxena foi reconstruída entre 1910 e 1946, á calor de loitas no Cauca e demais zonas do país, onde a presenza indíxena predominaba na Serra Nevada de Santa Marta, Huila, Caldas e Tolima, dirixidas polo líder indíxena Quintín Lame. Posteriormente constituíronse Consellos e Ligas de Indios que pretendían reivindicar os dereitos dos indíxenas, establecendo alianzas con organizacións campesiñas e obreiras. Porén, a Época da Violencia en Colombia e a represión entre 1946 e 1958 practicamente exterminou gran parte da poboación indíxenas e que só puido volver formarse dentro de organizacións campesiñas como a Federación Agraria Nacional, especialmente grazas ó establecemento do decreto gobernamental da Asociación Nacional de Usuarios Campesiños.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Christian Gros. 1991. Colombia indígena: identidad cultural y cambio social. Bogotá: CEREC, 1991.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]