Orest Ivaniuk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOrest Ivaniuk
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1900 Editar o valor em Wikidata
Bahna (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de abril de 1981 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Bispo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgreja Ortodoxa Autocéfala da Ucrânia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPope Editar o valor em Wikidata

Orest Ivaniuk (en ucraíno: Орест Іванюк), nado como Onufrii Ivánovich Ivaniuk (en ucraíno: Онуфрій Іванович Іванюк) o 12 de xuño de 1900 en Bahna (Bucovina, hoxe Ucraína) e finado o 14 de abril de 1981 en Nova York, foi un bispo da Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína na diáspora.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Onufrii Ivaniuk naceu o 12 de xuño de 1900 nunha familia de labregos de Bahna, en Bucovina.[1][2][3] Recibiu a súa educación inicial en Vyzhnytsia, e posteriormente rematou a súa educación secundaria en Chernivtsi en 1920.[2][3] Entre 1920 e 1926 estudou Teoloxía e Filosofía na Universidade de Chernivtsi,[3] e posteriormente casou con Nataliia Dariichuk, filla dun sacerdote.[2] O 26 de decembro de 1926 foi ordenado sacerdote para a Igrexa ortodoxa romanesa na catedral da Santa Trindade de Chernivtsi polo bispo de Rădăuți Ipolit Vorobchievici,[2][3] e exerceu o seu ministerio en varias parroquias de Bucovina, participando activamente na vida social e cultural.[2][3] Pola súa dilixencia e traballo pastoral recibiu en decembro de 1928 dúas cartas do metropolita Nectarie Cotlarciuc.[3]

Cando en 1940 os soviéticos ocuparon a Bucovina setentrional, Ivaniuk trasladouse á rexión de Chełm,[2] exercendo o seu ministerio en varias parroquias ortodoxas ucraínas baixo a xurisdición de Ilarion Ohiienko, da Igrexa ortodoxa polaca.[3] En 1943 trasladouse a Alemaña, exercendo o seu ministerio nos campos de refuxiados,[2][3] e en 1948 trasladouse ao Canadá, uníndose á Igrexa ortodoxa ucraína do Canadá;[3] a súa muller non emigrou con el, e finou en Romanía en 1950.[2] Ivaniuk viviu en Otava, servindo nas parroquias do Canadá oriental. No Canadá continuou a súa educación cunha mestría en Historia pola Universidade de Otava.[2]

En 1952 trasladouse aos Estados Unidos de América, encargándose das parroquias ucraínas na xurisdición do metropolita Ioann Teodorovych.[2][3] En 1965 entrou na vida monástica, tomando o nome de Orest, e recibindo o título de arquimandrita.[2][3] O 13 de setembro de 1969 por decisión do Consello extraordinario da igrexa ortodoxa ucraína na diáspora foi elixido bispo para servir en Austria, Bélxica, Alemaña occidental e Francia.[2][3][4] O 28 de setembro do mesmo ano foi consagrado bispo en Derby (Inglaterra), co título de Lviv-Chernivtsi, polo metropolita Mstislav Skrypnyk e polo arcebispo Donat Burtan, quen dirixía as parroquias ucraínas de Australia.[2][3][4]

O 30 de setembro trasladouse a Alemaña, estabelecéndose inicialmente en Karlsruhe, e posteriormente en Múnic.[4] O 7 de marzo de 1973 foi nomeado bispo da eparquía de Europa occidental.[4] O 1 de xaneiro de 1975 foi elevado ao rango de arcebispo.[2][3][4] Permaneceu no cargo até o seu pasamento o 14 de abril de 1981 en Nova York, onde se trasladara para descansar e recibir tratamento.[4][2][3] As súas exequias foron celebradas polo propio Mstislav Skrypnyk, e polo bispo belaruso Iziaslaŭ Brucki.[3]

Está enterrado no cemiterio de St. Andrew, en South Bound Brook (Nova Jersey).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Іванюк, М. (2001). Літературно-мистецька Вижниччина: бібліограф. довідник [Vyzhnytsia literaria e artística: directorio bioblibiográfico] (en ucraíno). p. 72. ІВАНЮК Онуфрій — Владика Орест, Архиєпископ ЗахідноЄвропейської Єпархії УАПЦ [...] Народився 16 червня 1909 р. в с. Багна Вижницького району Чернівецької області [...] [IVANIUK Onufriy - bispo Orest, arcebispo da diocese de Europa occidental da Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína [...] Naceu o 16 de xuño de 1909 na aldea de Bahna do distrito de Vyzhnytskyi da rexión de Chernivtsi] 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 "В Ню Йорку помер св. п. Владика Орест" [En Nova York, finou o bispo Orest] (PDF). Свобода [Svoboda, xornal da diáspora ucraína] (en ucraíno). LXXXVIII (72). 16 de abril de 1981. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de abril de 2015. Consultado o 4/11/2020. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 "У пам'ять архієпископа Ореста" [En memoria do arcebispo Orest] (PDF). Відомості [Información] (en ucraíno) (Генерального черковнохо управілннія УАПЦ у Великій Британії [Administración xeral eclesiástica da Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína en Gran Bretaña]): 8–9. xullo de 1981. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17/04/2015. Consultado o 04/11/2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Під омофором Пречистої – Історія Свято-Покровської Парафії м. Мюнхен" [Baixo o omophorion da Inmaculada - Historia da parroquia da Santa Intercesión de Múnic]. Свято-Покровська Парафія м. Мюнхен (www.ukrainisch-orthodox.de) [Páxina web da parroquia da Santa Intercesión de Múnic da Igrexa ortodoxa ucraína] (en ucraíno). Consultado o 4/11/2020. 
  5. "St. Andrew Cemetery". Ukrainian Orthodox Church of the USA (uocofusa.org). St. Andrew Memorial Cemetery includes many members of the Orthodox clergy. At the front, immediately behind the Memorial Church, are are buried: [...] Archbishop Orest (Ivaniuk) [O cemiterio memotiral St. Andrew inclúe moitos membros do clero ortodoxo. Na parte dianteira, inmediatamente detrás da Igrexa memorial, están enterrados [...] o arcebispo Orest (Ivaniuk)].