Ordinariato para os fieis de rito oriental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un ordinariato para os fieis de rito oriental é un tipo de circunscrición eclesiástica da que dependen as comunidades de católicos orientais naqueles lugares onde non hai estabelecida ningunha circunscrición eclesiástica (diocese) da súa igrexa particular. Esta estrutura foi introducida polo papa Pío X, na carta apostólica Officium supremi Apostolatus do 15 de xullo de 1912.[1]

No Annuario Pontificio os nove ordinariatos que existen hoxe lístanse xunto aos quince exarcados apostólicos. Destes nove, cinco son para todos os católicos orientais que carecen de xurisdición diocesana propia nun determinado país, outro é para católicos bizantinos, e os outros tres para católicos armenios.

Ordinariatos actuais[editar | editar a fonte]

Ordinariato Área xeográdica Xurisdición Ordinario Data de creación
Ordinariato para os católicos orientais na Arxentina Arxentina Católicos orientais Arcebispo de Buenos Aires 19 de febreiro de 1959[2]
Ordinariato para os católicos bizantinos en Austria Austria Católicos bizantinos Arcebispo de Viena 3 de outubro de 1945
Ordinariato para os católicos orientais no Brasil Brasil Católicos orientais Arcebispo de Río de Xaneiro 14 de novembro de 1951
Ordinariato para os católicos orientais en España España Católicos orientais Arcebispo de Madrid 9 de xuño de 2016
Ordinariato para os católicos armenios en Europa Oriental Europa Oriental Católicos armenios Bispo armenio dunha sé titular 13 de xullo de 1991
Ordinariato para os católicos orientais en Francia Francia Católicos orientais Arcebispo de París 16 de xuño de 1954
Ordinariato para os católicos armenios en Grecia Grecia Católicos armenios Administrador apostólico 21 de decembro de 1925
Ordinariato para os católicos orientais en Polonia Polonia Católicos orientais Arcebispo de Varsovia 16 de xaneiro de 1991
Ordinariato para os católicos armenios en Romanía Romanía Católicos armenios Administrador apostólico 5 de xuño de 1930

Antigos ordinariatos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Litterae Apostolicae Committitur episcopo ritus rutheni adsistentia spiritualis ruthenorum in Canadensi regione commorantium [Carta apostólica asignando un bispo de rito ruteno para a asistencia espiritual dos rutenos que residen no territorio do Canadá]". Acta Apostolicae Sedis (PDF) (en latín) 4. 1912. pp. 555–556. 
  2. "Decretum Ordinariatus pro fidelibus ritus orientalis in Argentina erigitur [Decreto polo que se erixe un ordinariato para os fieis de rito oriental da Arxentina]". Acta Apostolicae Sedis (PDF) (en latín) 54. 1962. pp. 49–50. 
  3. Attwater, Donald (1961). Churches in communion with Rome (en inglés). Thomas More Books. [...] in 1930 an ordinariate of Eastern rite was formed in that Italian colony, Abuna Khidane Mariam Kassa being appointed its first bishop. In 1951 this became an exarchate, with its centre at Asmara [...] [[...] en 1930 formouse un ordinariato de rito oriental nesa colonia italiana, sendo nomeado o Abuna Khidane Mariam Kassa como primeiro bispo. En 1951 converteuse nun exarcado, co seu centro en Asmara [...]]