Prva A Liga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Opportunity Liga")
Prva A Liga
Fundación 2006
Rexión Montenegro Montenegro
Confederación Unión Europea FIBA Europa
Comisionado Milo Đukanović
Equipos 11
Actual campión Budućnost (9º título)
Máis laureado Budućnost (9 títulos)
Televisión RTCG
Organizador KSCG
Sitio web kscg.me

A Prva A Liga ou First Erste League é a liga de baloncesto profesional de Montenegro. Organizada pola Federación de Baloncesto de Montenegro (Košarkaški savez Crne Gore - KSCG), foi fundada no ano 2006, pouco despois da independencia do país de Serbia e Montenegro. Actualmente a liga está patrocinada polo Erste Bank.

Historia[editar | editar a fonte]

Na curta historia da competición a liga só viu un campión, o KK Budućnost de Podgorica. De facto, até o ano 2015 o Budućnost non perdera nin un só partido dunha final da competición. O segundo equipo máis destacado da competición é o KK Sutjeska, sendo o segundo equipo que máis finais disputou, sendo precisamente o primeiro equipo que venceu nun partido da final aos de Podgorica.

Equipos[editar | editar a fonte]

Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2015−16 da Prva A Liga. Os clubs que participan na ABA Liga (Liga do Adriático) están representados sobre fondo violeta.

Equipo Cidade Pavillón Cores
Budućnost Podgorica Sportski centar Morača          
Danilovgrad Danilovgrad Sportski centar Danilovgrad          
Ibar Rožaje Rožaje Sportski centar Rožaje          
Jedinstvo Bijelo Polje Sportski centar Nikoljac          
Lovćen Cetinje Sportski centar Lovćen          
Mornar Bar Sportski centar Topolica          
Stršljen Plav Dvorana Plav          
Sutjeska Nikšić Sportski centar Nikšić          
Studentski Centar Podgorica Sportski centar T-Com          
Teodo Tivat Dvorana Župa          
Ulcinj Ulcinj Gimnasium Bratstvo i Jedinstvo          

Palmarés[editar | editar a fonte]

Por equipo[editar | editar a fonte]

Equipo Campión Subcampión Anos campión
Budućnost 9 0 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015
Sutjeska 0 3
Lovćen 0 2
Mogren 0 1
ABS Primorje 0 1
Mornar Bar 0 1
Zeta 2011 0 1

Finais[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Subcampión Marcador
2006–07 Budućnost Lovćen 3–0
2007–08 Budućnost Mogren 3–0
2008–09 Budućnost Primorje 3–0
2009–10 Budućnost Lovćen 3–0
2010–11 Budućnost Mornar 3–0
2011–12 Budućnost Sutjeska 3–0
2012–13 Budućnost Sutjeska 3–0
2013–14 Budućnost Zeta 2011 3–0
2014–15 Budućnost Sutjeska 3–1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]