Ópera seria
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2020.) |
Ópera seria (plural: opere serie) é un termo musical italiano referido ao estilo nobre e serio da ópera italiana que predominou en Europa entre principios do século XVII até o inicio do século XIX, destacando os anos entre 1710 e 1770. A súa orixe atópase no dramma per música do período barroco, enfocado inicialmente á realeza e aristocracia da época. Os temas céntranse na mitoloxía grega ou romana, cunha estrutura en tres partes (A-B-A) baseada na aria da capo barroca, e incluíndo unha abertura e varias arias, recitativos e coros. O rival popular da ópera seria era a ópera buffa, subxénero cómico que ten a súa orixe na commedia dell'arte.[1]
A ópera seria italiana (sempre baseada en libretos en lingua italiana) foi producida non só en Italia, máis tamén por toda Europa e o resto do mundo. Entre os principáis centros operisticos europeos compre destacar as óperas de Varsovia (dende 1628), Múnic (fundada en 1653), Londres (creada en 1662), Viena (primeira representación: Il pomo d'oro, 1668), Dresden (dende 1719), San Petersburgo (primeiras representacións en 1742) ou Madrid. Só Francia desenvolveu a súa propia tradición operística (tragédie en musique).
Entre os principáis compositores de ópera seria compre destacar a Alessandro Scarlatti, Georg Friedrich Händel, Nicola Porpora, Leonardo Vinci, Johann Adolph Hasse, e na segunda metade do século XVIII Christoph Willibald Gluck, Niccolò Jommelli, Josef Mysliveček, Tommaso Traetta e Wolfgang Amadeus Mozart. O máis famoso libretista foi Pietro Metastasio, destacando ademais Apostolo Zeno, Ranieri de' Calzabigi e Lorenzo da Ponte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Latham, Alison (2008). Tezontle, ed. Diccionario enciclopédico de la música (en castelán). México, D. F.: Fondo de Cultura Económica. p. 1113. ISBN 6071600200.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ópera seria |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |