Ollo da Providencia
O Ollo da Providencia (ou o ollo de Deus que todo o ve) é un símbolo que representa un ollo arrodeado por raios de luz ou gloria polo xeral pechado nun triángulo. Representa o ollo de Deus observando a humanidade (ou divina providencia).[1][2][3] Na era moderna, unha representación notable do ollo é o envés do Gran Selo dos Estados Unidos, que aparece no billete de 1 dólar.
Emprego relixioso
[editar | editar a fonte]A asociación do ollo co concepto da divina providencia non xurdiu até ben entrada a Era cristiá, na iconografía do Renacemento europeo, onde foi unha imaxe explícita da Santa Trindade. Nas representacións do século XVII, o Ollo da Providencia era representado arrodeados por nubes ou raios de sol.[4]
Outros usos
[editar | editar a fonte]Escudos de armas e selos
[editar | editar a fonte]O Ollo da Providencia aparece en moitos escudos de armas e selos oficiais como:
- Escudo de armas de Brasłaŭ, Belarús
- Escudo de armas de Kalvarija, Lituania
- Escudo de armas e bandeira de Plungė, Lituania
- Escudo de armas e bandeira de Šiauliai, Lituania
- Escudo de armas de Wilamowice, Polonia
- Selo do estado de Colorado
- Selo da Universidade de Mississippi
- Selo da Universidade de Chile
- Selo da cidade de Kenosha, Wisconsin.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The eye as a Christian symbol". catholic-saints.com.
- ↑ "The Eye as a religious symbol". Religiousfacts.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 09 de novembro de 2016.
- ↑ "Freemasonry and the All-seeing Eye". Grand Lodge of British Columbia and Yukon.
- ↑ Potts, Albert M. The World's Eye. University Press of Kentucky. pp. 68–78.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ollo da Providencia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- grand lodge of British columbia and yukon - response to claims of masonic origins of symbol.
- grand lodge of British columbia and yukon - graphics from the kneph.