Olimpio Liste Naveira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Olimpio Liste Naveira
 Santiago de Compostela
Falecemento16 de outubro de 1986
 Ventosa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

Olimpio Liste Naveira, nado en Santiago de Compostela e finado en Ventosa (Agolada) o 16 de outubro de 1986,[1] foi un mestre, inspector e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo os estudos de mestre na Escola Normal de Santiago de Compostela rematándoos en 1919.[2] En 1934 era presidente da sección de Información, Prensa e Propaganda da Casa del Maestro de Pontevedra. Foi inspector de ensino primario da provincia de Pontevedra e logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 desempeñou o posto de sarxento da Guardia Cívica mandada por Víctor Lis Quibén e foi secretario da Comisión Depuradora do Maxisterio dende marzo de 1937.[3] Foi presidente da Asociación de Maestros Católicos. Formou parte do grupo que visitou Italia en 1938 para estudar o modelo educativo do goberno fascista de Mussolini. Foi inspector xefe de educación de Pontevedra e director do Boletín de Educación. Foi militante de Falange Española Tradicionalista y de las JONS e xefe de centuria nas milicias da organización, e concelleiro de Pontevedra.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Mercedes Regueiro Ramos e foi pai de Olimpio Liste Regueiro. Casou en segundas nupcias con Cesarina Coego García.

Notas[editar | editar a fonte]