Saltar ao contido

Elisaveta Bikova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElisaveta Bikova

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Bogolyubovo, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de marzo de 1989 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Khovanskoye (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista, escritora de non ficción Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaWoman Master of Sport of USSR in Chess (en) Traducir (1950)
Mestra Internacional Femenina (1950)
Mestre Internacional (1953)
Gran Mestra Feminina (1976) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMoskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 113031790 Editar o valor en Wikidata
Bikova nun selo de Iugoslavia de 2001

Elisaveta Ivanovna Bikova (en ruso: Елизаве́та Ива́новна Бы́кова), nada o 4 de novembro de 1913 e finada o 8 de marzo de 1989, foi unha xadrecista soviética, dúas veces Campioa Mundial de Xadrez Feminino, de 1953 a 1956 e de 1958 a 1962. Recibiu os títulos de Mestra Internacional Feminina en 1950, Mestre Internacional en 1953 e Gran Mestra Feminina en 1976.[1] En 2013 foi incluída no Salón Mundial da Fama do Xadrez.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bikova naceu no seo dunha familia campesiña. Con doce anos mudáronse a Moscova, onde empezou a xogar ao xadrez co seu irmán. O seu talento fíxose evidente en 1927, cando gañou o campionato de xadrez da súa escola.[3]

En 1938 gañou o campionato feminino de Moscova e despois da segunda guerra mundial foi tres veces gañadora do Campionato Soviético Feminino de Xadrez (1946, 1947 e 1950).

En 1952 gañou o torneo feminino de Candidatos en Moscova. En 1953 derrotou en Leningrado a entón campioa mundial Liudmila Rudenko con sete vitorias, cinco derrotas e dúas táboas. Perdeu o título ante Olga Rubtsova en 1956, mais gañouno de novo dous anos despois, co que se converteu na primeira muller en facelo.

En 1960 defendeu con éxito o título ante Kira Zvorikina (+6 -2 =5), mais en 1962 perdeuno ante a moza Nona Gaprindashvili, de 21 anos (+0 -7 =4).

Traballou de enxeñeira nunha destacada imprenta de Moscova, e foi tamén autora e columnista sobre xadrez na URSS. Apaixonada polo xadrez feminino, Bikova escribiu tres libros sobre Vera Menchik, xadrecistas soviéticas e o Campionato Mundial Feminino. Tamén promoveu o xadrez a través de conferencias e da organización de torneos.[2]

  1. Sunnucks, Anne (1970). The Encyclopaedia of Chess (en inglés). St. Martin's Press. ISBN 9780709146971. 
  2. 2,0 2,1 "Elizaveta (Elizabeth) Bykova". World Chess Hall of Fame. 
  3. "Fifth Bykova Memorial – the glamour tournament of the year". Chessbase (en inglés). 1 de novembro de 2008. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]