Oles Berdnyk
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1926 ![]() Vavylove, Ucraína (en) ![]() ![]() |
Morte | 18 de marzo de 2003 ![]() Grebeni, Ucraína (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor, escritor de ciencia ficción, Disidencia, ensaísta, guionista ![]() |
Xénero artístico | Ficción especulativa ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Fronte Oriental ![]() |
Familia | |
Fillos | Myroslava Berdnyk, Gromovytsia Berdnyk ![]() |
Premios | |
Sitio web | berdnyk.com.ua ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Olexandr (Oles) Berdnik, nado en Vavilov o 27 de novembro de 1926 e finado en Hrebeni o 18 de marzo de 2003, foi un activista social e escritor de ciencia ficción e fantasía ucraíno, un dos membros fundadores do Grupo Ucraíno de Helsinqui [1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Naceu nunha aldea do distrito de Snihurivka nunha familia campesiña, ao rexistralo o encargado púxolle o ano errado, 1927, e iso evitou que o enviasen a Alemaña durante a ocupación. Entre 1943 e 1945, durante a segunda guerra mundial loitou co exército soviético e resultou ferido. Desmobilizado en 1946 continuou os seus estudos de secundaria 1946–1949e logo estudou dramaturxia na escola do Teatro Ivo Frank en Kíiv.
En 1949 durante a campaña contra o cosmopolitismo nunha asemblea no teatro amosouse crítico coa dirección do teatro e as autoridades detivérono acusado de traizón. Sentenciado a dez anos de cárcere en 1950, cumpriu parte da súa pena en Komi e Kazakhstán. En 1953 intentou escapar e condenárono a dez anos máis. Saíu en 1955 por "arrepentimento"[2]. Volveu a Ucraína, e comezou a escribir, ingresou na Unión de Escritores de Ucraína en 1957 e converteuse nun escritor popular de ciencia ficción, publicando numerosas novelas, novelas curtas e libros de relatos ata 1972, tamén foi coguionista do filme de ciencia ficción Mechte navstrechu (1957).
Disidencia
[editar | editar a fonte]En abril de 1972 nun rexistro no apartamento de Mykola Rudenko, onde vivía Oles Berdnyk, o KGB incautou unha copia de "Інтернаціоналізм чи русифікація? ", obra do disidente Ivan Dziuba, e dúas máquinas de escribir. O 28 de abril Oles Berdnik principiou unha unha folga de fame, que duraría 16 días, esixindo a volta do incautado. Logrou manter unha xuntanza co primeiro secretario do Comité Central do Partido Comunista de Ucraína P. Shelest, quen lle pediu desculpas, pero dixo que o partido non podía interferir nas actividades do KGB. O 14 de maio de 1972 devolvéronlle a máquina de escribir, mais Berdnik non puido volver publicar. A partir de 1974 Oles Berdnik pediu permiso para deixar a URSS. En agosto de 1976 retiráronse as súas obras das bibliotecas e librerías ao tempo que o expulsaban da Unión de Escritores.
No outono de 1976 Berdnik xunto con Mykola Rudenko, Oksana Mieszko Levko Lukyanenko creou o Grupo Ucraíno de Helsinqui, para monitorizar o cumprimento polo goberno soviético dos Acordos de Helsinqui sobre dereitos humanos. Entre finais de 1976 e a súa detención o 6 de marzo de 1979 escribiu ou participou na sinatura de ducias de cartas e informes para evitar a detención de activistas dos dereitos humanos. Tras a súa detención por "axitación e propaganda antisoviética" comezou unha folga de fame. O 21 de decembro de 1979 a xustiza condenouno a 6 anos de prisión nun campo de traballo e 3 anos de exilio.O 16 de maio de 1980 ingresou no campamento VS-389/36, localizado na rexión de Perm. O 14 de marzo de 1984 un decreto indultouno e o 17 de maio de 1984 no xornal «Літературна Україна» apareceu un artigo no que Berdnik indicaba estar arrependito, afirmaba que o grupo de Helsinqui fora unha creación da CIA e denunciaba os seus antigos colaboradores[3].
Actividades sociais
[editar | editar a fonte]En 1987 Berdnik fundou a organización pública Zorianii klyuch, para a preservación dos valores espirituais dos pobos. Foi director dende o 16 de decembro de 1989 da asociación humanista República Espiritual Ucraína.
Obra
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- Шляхи титанів (1959)
- Стріла Часу (1960)
- Хто ти? (1963)
- Діти Безмежжя (1964)
- Подвиг Вайвасвати (1967)
- Чаша Амріти (1968)
- Зоряний корсар (1971)
- Лабіринт Мінотавра (1972)
- Вогнесміх (1988)
- Пітьма вогнища не розпалює… (1993)
- Камертон Дажбога (1996)
Novelas curtas
[editar | editar a fonte]- Поза часом і простором (1957)
- Законсервована планета (1957)
- Людина без серця (1957, en colaboración con Jurij Bedsyk)
- За чарівною квіткою (1958)
- Привид іде по Землі (1959)
- Серце Всесвіту (1961)
- Катастрофа (1962)
- Подорож в антисвіт (1962)
- Сини Світовида (1962)
- Радістю перейдемо безодні (1964)
- Вогняний вершник (1967)
- Мати (1967)
- Розбиваю громи (1967)
- Дике поле (1968)
- Покривало Ізіди (1968)
- Хто зважиться — вогняним наречеться (1969)
- На вогні святому спалимо розлуку (1990)
Coleccións de relatos
[editar | editar a fonte]- Поєдинок на астероїді (1957)
- Психологічний двійник (1957)
- 10 хвилин у майбутньому (1959)
- Марсіанські «зайці» (1960)
- Зустрічі над прірвою (1963)
- Подвиг у просторі (1964)
- Кохана з майбутнього (1965)
- Остання битва (1965)
- Потоплені роки (1965)
- Хор елементів (1965)
- Дві безодні (1967)
- Космічна казка (1970)
- Сузір’я Зелених Риб (1975)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ivan Katchanovski, Zenon E. Kohut, Bohdan Y. Nebesioe Myroslav Yurkevich (2013) Historical Dictionary of Ukraine Scarecrow Press, 2ª ed., p. 670
- ↑ Проти вітру. Спогади дружини українського політв'язня. Видання друге зі змінами й доповненнями — Харків: Права людини, 2012. — 288 с. С. 183—182
- ↑ Irina Ratushinskaya (2016) Grey is the Colour of Hope Hachette UK, p. 343