Oleksandr Stoika
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de outubro de 1890 Karachin |
| Morte | 31 de maio de 1943 Uzhhorod |
| Member of the Hungarian upper chamber (en) | |
| 1 de xullo de 1939 – 31 de maio de 1943 (finado no cargo) | |
| Bispo católico oriental | |
| 12 de xullo de 1932 – | |
| Bispo diocesano | |
| 3 de maio de 1932 – ← Petro Gebey (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Ministerio eclesiástico, acción política e Mecenado |
| Lugar de traballo | Rutenia subcarpática |
| Ocupación | sacerdote católico (1916–), político, presbítero greco-católico |
| Partido político | político independente |
| Consagración | Pavel Peter Gojdič (pt) |
Oleksandr Stoika (en ucraíno: Олександр Стойка), nado en Karachyn (Austria-Hungría) o 16 de outubro de 1890 e finado en Uzhhorod (Reino de Hungría) o 31 de maio de 1943, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, entre 1932 e 1943 bispo de Mukacheve.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Karachyn o 16 de outubro de 1890.[1] Estudou a secundaria en Uzhhorod, e a partir de 1910 no Seminario Teolóxico de Uzhhorod e no Seminario Central de Budapest, logo do cal foi ordenado sacerdote o 17 de decembro de 1916.[1] Traballou como secretario do bispo até 1930, e logo da morte de Petro Gebei administrou a eparquía, até que en maio de 1932 foi nomeado bispo de Mukacheve.[1]
Logo de ser elixido bispo, Stoika traballou para mellorar a situación económica dos seus fieis:[1] lanzou o "evento de Pascua", que recadou fondos en todo o país para os pobres. Durante o seu episcopado abriu internados para os cativos en Uzhhorod, ordenou a 158 sacerdotes, e dirixiu 163 misións para promover a volta á Igrexa de moitos afastados. Cóntanse 67 igrexas entre as construídas e renovadas durante o seu mandato, e visitou persoalmente cada unha das parroquias da eparquía. Finou en Uzhhorod o 31 de maio de 1943.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Petro Gebei |
Bispo de Mukacheve 1932 - 1943 |
Sucesor: Teodor Romzha (administrador apostólico) |