Saltar ao contido

Oitocentos (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oitocentos
 Título
Oitocentos Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Forma artística
 Lingua
Autoría
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
xuño de 2004 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Wikidata

Oitocentos é unha novela de Xavier Franco Alonso, publicada por Editorial Galaxia en xuño de 2004. O título fai referencia á proba de atletismo de 800 metros.

Hadrián é un rapaz de 28 anos de Vigo, delineante e atleta. Logo de varios anos en Barcelona cunha bolsa como corredor de 800 metros lisos, abandona o deporte profesional e regresa á súa cidade.

Alí retoma a vida que levaba xunto á súa familia (a nai, a irmá e unha sobriña) e xunto aos seus amigos. Ao tempo, preocúpase de atopar traballo, e mesmo comeza unha relación amorosa cunha antiga compañeira de adestramentos.

A obra remata cun final aberto, coa maioría dos personaxes sendo felices coas súas vidas.

Narración

[editar | editar a fonte]

A obra está ambientada en Vigo entre o outono de 1996 e a primavera de 1997. Faise referencia a acontecementos da época, como os pasados Xogos Olímpicos de 1996 ou a morte de Marcello Mastroianni.

Está narrada en terceira persoa, cun narrador omnisciente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Ficha na web da editorial.