Octavio Sanmartín Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOctavio Sanmartín Domínguez
Biografía
Nacemento23 de novembro de 1901 Editar o valor em Wikidata
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de outubro de 1982 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , escritor Editar o valor em Wikidata

Octavio San Martín Domínguez, nado en Ferrol o 23 de novembro de 1901 e finado en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 1982, foi un militar e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do tenente auditor da Mariña José San Martín Paniagua. Capitán de Artillaría da Armada. Foi representante da Obra Católica de Asistencia Universitaria (OCAU) que proporcionaba axuda aos exiliados da ocupación soviética. Foi elixido presidente da Sociedad Cultural Padronesa en 1953 e en 1957 promoveu unha homenaxe a Ramón Cabanillas. Foi vogal do consello editorial da Editorial SEPT, un dos creadores da Fundación Pedrón de Ouro e foi presidente da Fundación Rosalía de Castro. Colaborou en La Noche con diferentes pseudónimos.[1] Finou en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 1982.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Contos peneirados, 1970.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Cabaleiro da Orde de Sabela a Católica.
  • O Padroado do Pedrón de Ouro fíxolle unha homenaxe póstuma o 3 de decembro de 1982.[3]
  • En 2002 descubriuse unha placa conmemorativa na Casa Museo Rosalía de Castro.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Padrón con Amelia Pérez Estévez, filla de Isidoro Pérez Artime, en 1930,[5] e foi pai de Antonio, Amelia, Maruxa, Matilde e Elisa San Martín Pérez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Noche, 9-4-1955, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 28-10-1982, p. 52.
  3. La Voz de Galicia, 4-12-1982, p. 34.
  4. La Voz de Galicia, 16-7-2002, p. 28.
  5. El Eco de Santiago, 14-1-1930, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]