Obediencia (libro)
Aparencia
| Obediencia | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
Obediencia é unha novela en lingua galega escrita polo escritor monfortino Antón Lopo e publicada pola Editorial Galaxia na segunda metade de 2010, logo de acadar o Premio García Barros de narrativa.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dunha obra de ciencia ficción ambientada no século XXII, nunha república galega na que o goberno perdeu o control de todo o territorio agás Compostela. A cidade é o centro dunha economía puxante que se contrapón á Alemparte, un deserto salvaxe sen regulamento democrático, habitado por mutantes e desvalidos, baixo unha condicións ambientais lamentábeis. Até aló, onde opera o grupo resistente Alogon, chegará Elba Mácara, a protagonista da novela.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha da novela, na web da editorial.