Obdulia Taboadela
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de novembro de 1964 (59 anos) Madrid, España |
Senadora de España | |
Concelleiro | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | política |
Empregador | Universidade da Coruña (1993–) |
Lingua | Lingua castelá |
Obdulia Taboadela Álvarez, nada en Madrid o 22 de novembro de 1964, é unha profesora universitaria e política coruñesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid (UCM) e doutora en Socioloxía. Dende 1995 é profesora Titular de Socioloxía no Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración da Universidade da Coruña e profesora titora no centro asociado da UNED en Pontevedra dende 1999.
Desde 2004 ata a súa incorporación ao Goberno municipal no 2007 desempeñou o cargo de Subdelegada do Goberno na Coruña. Até 2009 foi concelleira delegada de Interior, Persoal e Informática. De 2009 a 2011 ocupou a concellaría de Urbanismo.
En xullo de 2011 regresou á Universidade para se ocupar de Socioloxía Económica do Grao de ADE na UDC, a coordinación do Mestrado Oficial en Migracións Internacionais, e o inicio de novos proxectos de investigación vinculados aos cambios sociais nos países de economías emerxentes[1].
Obras[editar | editar a fonte]
- Mujer, trabajo y políticas activas de empleo en España: el caso de la reforma laboral de 1997. Santiago de Compostela : Centro de Estudios de Población y Análisis de las Migraciones, 2001. ISBN 84-607-3344-0
- La afiliación sindical: hacia una aproximación del sistema de representación de intereses en el sindicalismo español contemporáneo. Universidad Complutense, 2001. ISBN 84-669-0224-4
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ http://www.sociologia.udc.es/es/infoesp/directorio-general/taboadela-alvarez-obdulia Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Taboadela Álvarez, Obdulia - Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Lista de senadores galegos desde a Transición
- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Políticos do PSdeG-PSOE
- Concelleiros da Coruña
- Corporación Municipal da Coruña 2007-2011
- Senadores pola Coruña
- Senadores de España polo PSOE
- Profesores da Universidade Nacional de Educación a Distancia
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Profesores da Universidade da Coruña
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Nados en 1964
- Nados en Madrid
- Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura)