O triunfo de Baco
| O triunfo de Baco | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Xénero
| |||||||||
|
Material
| |||||||||
|
Propietario
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
|
Creador/a
| |||||||||
| Temática | |||||||||
|
Tema principal
| |||||||||
|
Baseado en
| |||||||||
|
Representa a
| |||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||
|
Data de creación
| |||||||||
| Dimensións | |||||||||
|
Altura
| |||||||||
|
Anchura
| |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Identificadores | |||||||||
| |||||||||
|
Código do catálogo
197 Inv. Testamentaría Carlos III, Palacio Nuevo, 1794 (en)
178 Inv. Testamentaría Carlos II, Alcázar de Madrid (en) 197 [dupl.] Inv. Carlos III, Palacio Nuevo, 1772 (en) 41 Diego Velázquez catalog raisonné, 1996 (en) 39 Diego Velázquez catalog raisonné, 1969 (en) 1058 Catalog Museo del Prado, 1872-1907 (en) 138 Catalog Museo del Prado, 1854-1858 (en) | |||||||||
|
Número inventario
P001170 (Museo do Prado) | |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O triunfo de Baco é unha pintura de Diego Velázquez conservada no Museo do Prado de Madrid dende 1819. Coñécese popularmente coma Os borrachos.
Historia
[editar | editar a fonte]A obra foi realizada pouco despois da chegada de Velázquez a Madrid procedente de Sevilla, entre os anos 1626 e 1628, pouco antes da súa primeira viaxe a Italia. Na capital, Velázquez puido contemplar a colección de pintura italiana do rei amosándose abraiado polos cadros de nus que pertencían á colección, así coma polo tratamento que neles se daba do tema mitolóxico.
O lenzo foi pintado para Filipe IV.
A temática da obra
[editar | editar a fonte]O cadro describe unha escena onde aparece o deus Baco que coroa cun ramo de follas de vide a un dos sete borrachos que o arrodean; podería tratarse dun poeta inspirado polo viño [1]. Outro personaxe semimitolóxico observa a coroación. Algúns dos personaxes que acompañan ao deus ollan cara ao espectador mentres sorrín.
No lenzo represéntase a Baco coma o deus que premia ou agasalla aos homes o viño que os libera de forma temporal dos seus problemas. Na literatura barroca, Baco era considerado unha alegoría da liberación do home fronte á súa escravitude da vida diaria. É posible que Velázquez estea a realizar unha parodia desta alegoría por considerala mediocre [1].
A escena pode dividirse en dúas metades. Na metade esquerda está a figura de Baco, moi iluminada, próxima ao estilo italiano inspirado en Caravaggio. O deus está introducido na obra coma unha persoa máis dentro da pequena celebración que se representa, pero o seu ton de pel máis claro permite recoñecelo con maior facilidade: apréciase así a idealización na face do deus, a luz clara que o ilumina e o estilo máis ben clasicista [1]. Baco e o personaxe situado á súa dereita aluden ao mito clásico e están representados de xeito tradicional.
A parte dereita presenta a uns borrachos, homes da rúa que convidan ao espectador a participar na súa festa, cun aire moi español similar a Ribera. Non hai neles ningunha idealización, senón que se presentan con faces avellentadas e desgastadas. Tampouco se mantén nesta parte do lenzo a luz clara que ilumina a Baco, senón que as figuras están sumidas nun clarescuro evidente. Asemade, Velázquez elabora esta metade do cadro cunha pincelada máis impresionista [1].
Nesta obra Velázquez dota dun aspecto profano a un asunto mitolóxico, tendencia que cultivará aínda máis nos seguintes anos. Por outra banda, hai varios elementos que dan naturalismo á obra, coma son a botella e a xerra que aparecen no chan aos pés do deus, ou o realismo que presenta o corpo deste. Xogando cos brillos consegue dar relevo e textura á botella e á xerra, creando unha semellanza co bodegón. Estas xerras con moi semellantes ás que aparecen nos lenzos pintados por Velázquez durante a súa etapa sevillana [1].
Influencias
[editar | editar a fonte]
Na obra atópase a influencia de Rubens (segundo algúns autores é este o que lle aconsella pintar a obra); de Caravaggio, con cuxas escenas de retratos de Baco existe conexión; e de Ribera, en cuxos retratos de sabios extremadamente populares (que en ocasións semellan mendigos) se inspira.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cirlot, L. (dir.) (2007). Museo del Prado II. col. «Museos del Mundo» Tomo 7 (en castelán). Madrid: Espasa. ISBN 978-84-674-3810-9.