No 2011 prepararon e gravaron o seu primeiro disco, A onda sonora (chega do interior), nos Garate Studios (País Vasco), contando coa produción de Kaki Arkarazo e o deseño de David Rubín. O disco sae á luz en abril de 2012. Froito da presentación do álbum, en 2013 realizan unha xira polo norte de Alemaña, chegando a tocar en Hamburgo e Kiel, onde compartiron escenario co músico francés Syrano. No 2014 foron o grupo galego convidado ao Mercat de Música Viva de Vic (Cataluña). En abril de 2017[2] publícase o seu novo álbum de estudio Sete Dezasete, producido polo músico e produtor catalán Marià Roch. En maio reciben o IV Premio Martín Codax da Música ao mellor grupo galego na categoría "Reggae/Ska/Mestizaxe"[3]