Kaki Arkarazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kaki Arkarazo, nado en Lazcano en 1961 é un músico e produtor vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1982 comeza a traballar como técnico de son nos Estudos IZ, vinculados ao Rock Radikal Basco. Froito dese traballo entra en contacto con Xabier Montoia (naquel entón en Hertzainak). Con el e xunto aos irmáns Fernan e Mikel Irazoki, formarán o grupo M-ak, co que publicaran 5 álbums entre 1983 e 1990. En 1987 Kaki publica tamén o seu, até o de agora, único disco en solitario Matzinadak (IZ, 1987). Ese mesmo ano producirá tamén o terceiro disco de Kortatu, Kolpez Kolpe (Oihuka, 1988), o primeiro da banda integramente en éuscaro e o último gravado en estudio. Produto da amizade feita cos irmán Muguruza acompañará ao grupo como segundo guitarrista ao longo da súa última xira, participando no dobre LP, Azken Guda Dantza (Nola!, 1988). Nesa xira M-ak participan de abreconcertos, consolidándose a fama de Kaki e de Xabier Montoia dentro da escena musical vasca. Kortatu disólvese ese mesmo ano, pero os Muguruza xa contan con Kaki para o seu seguinte proxecto. Durante a gravación dos últimos discos de M-ak Kaki e os irmáns Muguruza reúnense nun estudio caseiro onde comezan a traballar nun proxecto no que mesturan estilos tan diversos como o rap, o soul, o funk, o hardcore ou a música latina. O grupo presentarase nun tributo a Mikel Laboa organizado por Xabier Montoia, coa canción Gaberako Aterbea. Da letra desa canción tomarán o seu nome: Negu Gorriak (en éuscaro invernos crús ou invernos vermellos).

En 1990 Negu Gorriak edita o seu primeiro disco, e comezan unha carreira de éxito que se expandirá até o ano 1996. O grupo será aclamado pola crítica, tanto a vasca, como a do Estado español. Ao longo deses anos, Kaki comezará a colaborar con Antón Reixa, formando en 1994 o grupo Nación Reixa, co que gravaran nese mesmo ano o seu primeiro disco Alivio rápido (Dro, 1994). Tamén no 94, Kaki será intervido para extirparlle o bazo, feito que fai que perda a xira de Negu Gorriak por El Salvador en apoio ao FMLN. O grupo , debido a esa ausencia, efectuará a xira baixo o nome de NG Brigada. En maio dese ano, o Tenente-Coronel da Garda Civil Enrique Rodríguez Galindo demanda a Negu Gorriak e a Angel Katarain (técnico de son da banda) por un delito de "danos á honra e difamación do bo nome" pola canción "Ustelkeria" (do disco Gure Jarrera). Nesa canción fundamentada nun informe do fiscal donostiarra Luis Navajas, acusan a Galindo de narcotráfico. Galindo esixe un pago de 15 millóns de pesetas (90.000 euros), ademais de non poder tocar a canción en directo, nin volvela editar en futuras reedicións do disco.

En 1995, tras ser desestimada polos Xulgados de Primeira Instancia, hai unha sentenza favorábel á demanda de Galindo feita pola Audiencia Provincial de Donostia. Esíxeselle por ela ao grupo 60.000 euros, cantidade da que o grupo non dispón. Coa fin de recadar fondos para facer fronte a unha eventual execución da sentenza, e mentres non se decide o recurso presentado ante o Tribunal Supremo, o grupo inicia unha serie de xiras e concertos promovendo a solidariedade e a favor do dereito de liberdade de expresión. Dentro dese contexto Kaki organiza o festival "Hitz Egin", onde actuará con Negu Gorriak e mais con Nación Reixa.

En 1997 aparece o segundo disco de Nación Reixa, Safari Mental, gravado desta vez para Esan Ozenki-Gora Herriak, unha discográfica máis pequena que lles dá máis liberdade da que tiñan en DRO. Neste disco incorpórase ao grupo Mikel Abrego na batería, e tamén haberá un montón de colaboradores da escena musical vasca. Durante ese ano darán preto de vinte concertos en todo o Estado español.

Tras a disolución de Nación Reixa, Kaki aínda axudará a Antón a preparar o seu primeiro disco en solitario Escarnio, coeditado por san Ozenki-Gora Herriak e El Europeo.

O 7 de xuño de 2000, o Tribunal Supremo absolve a Negu Gorriak de todos os cargos, por considerar a querela de Galindo mal formulada. Ao non haber recurso por parte do demandante, Negu Gorriak anuncia en xaneiro de 2001 a vitoria sobre a Garda Civil e a celebración de dous concertos como xeito de despedida definitiva e agradecemento á solidariedade.

A reagrupación de Negu Gorriak motivará que os italianos Banda Bassotti, disoltos en 1994, se reagrupen novamente para actuar como abreconcertos. Produto deste reagrupamento comezarán a publicar novos discos, o primeiro Un Altro Giorno D'Amore (Gridalo Forte, 2001) un dobre CD gravado en directo no Centro Social Okupado "Villaggio Globale" (Roma). Neste concerto, Kaki colabora como técnico de son en directo, e rematará por producir todos os seus discos posteriores.

Ante a desaparición da discográfica Esan Ozenki (que reaparecerá pouco despois como Metak), á que estaba vinculada o grupo, Kaki crea os seus propios estudios de gravación, os estudios Garate, situados en Andoain (Guipúscoa) e que constan de dous estudios e apartamentos de aloxamento para os artistas.

Ademais do seu traballo nos estudios, Kaki acompaña como técnico de son a grupos como Betagarri ou Banda Bassotti.

Discografía como músico[editar | editar a fonte]

Discos en solitario[editar | editar a fonte]

  • Matxinadak (IZ, 1987)

M-ak[editar | editar a fonte]

  • M-ak (IZ, 1983)
  • Emeak, eta Arrak (Nuevos Medios, 1986)
  • Zuloa (IZ, 1987)
  • Barkatu Ama (IZ, 1989)
  • Gor (Zarata, 1990)

Kortatu[editar | editar a fonte]

  • Azken Guda Dantza (Nola!, 1988)

Negu Gorriak[editar | editar a fonte]

  • Negu Gorriak (álbum)|Negu Gorriak (Oihuka, 1990). LP y CD.
  • Gure Jarrera (Esan Ozenki, 1991). LP y CD.
  • Herrera de la Mancha. 90-12-29 (Esan Ozenki, 1991). VHS.
  • Gora Herria (Esan Ozenki, 1991). Maxisingle.
  • Tour 91+1 (vídeo)|Tour 91+1 (Esan Ozenki, , 1992). VHS.
  • Borreroak Baditu Milaka Aurpegi (Esan Ozenki, 1993). Doble LP y CD.
  • Negu Gorriak Telebista (Esan Ozenki, 1994). VHS.
  • Hipokrisiari Stop! Bilbo 93-X-30 (Esan Ozenki, 1994). Disco en directo. LP y CD.
  • Ideia Zabaldu (Esan Ozenki, 1995). LP y CD.
  • Ustelkeria (álbum)|Ustelkeria (Esan Ozenki, 1996).
  • Salam, Agur (Esan Ozenki, 1996). CD.
  • Negu Gorriak: 1990 - 2001|1990 - 2001 (Metak, 2005). DVD.

Nación Reixa[editar | editar a fonte]

  • Alivio Rápido (DRO, 1994)
  • Safari Mental (Esan Ozenki-Gora Herriak, 1997)

Antón Reixa[editar | editar a fonte]

  • Escarnio (El Europeo/Esan Ozenki-Gora Herriak, 1999)

Discografía como produtor[editar | editar a fonte]

  • Kortatu: Kolpez Kolpe (Oihuka, 1988).
  • La Burla: Molestando a los Vecinos (IZ, 1989).
  • Delirium Tremens: Hiru Aeroplano (Oihuka, 1990).
  • Soziedad Alkoholika: Soziedad Alkoholika (Overdrive, 1991).
  • Su Ta Gar: Jaiotze Basatia (Zarata Diskak, 1991), Hortzak Estuturik (Esan Ozenki, 1992).
  • Etsaiak: Etsaien (Esan Ozenki, 1992).
  • Os Resentidos: Ya Están Aquí (Gasa, 1993).
  • Laja eta Landakanda: Gure Oroigarri (IZ, 1994).
  • Banda Bassotti: Avanzo Di Cantiere (Gritalo Forte/Esan Ozenki-Gora Herriak, 1995), Un Altro Giorno D'Amore (Gritalo Forte, 2001), L'Altra Faccia Dell'Impero (Gritalo Forte, 2002), Así Es la Vida (Gritalo Forte, 2003), Amore e Odio (Gritalo Forte, 2004).
  • Os Diplomáticos de Monte-Alto: Avante toda (Fonomusic, 1995).
  • Xabier Montoia: Beti Oporretan (Esan Ozenki, 1995).
  • Jose Inazio Ansorena: Haize Hegoa (IZ, 1995).
  • Bap!!: Leherteko Garaia (Esan Ozenki, 1995), Bazen (Metak, 2003).
  • Xenreira: Érguete!! (Edicións do Cumio, 1997).
  • Dixebra: Dieron en duru (L'Aguañaz, 1997), Glaya un país (L'Aguañaz, 2000), Sube la marea (L'Aguañaz, 2002).
  • Anarquía Positiva: Anarquía positiva (Goxe Records, 1997)
  • Inadaptats: Motì! Avalot (Esan Ozenki-Gora Herriak, 1998), INDP (Bullanga, 2002).
  • Skanda: Skanda (L'Aguañaz, 1998).
  • Hank: ¡Dios Mío Larry... Que Diablos Es Eso! (Brusco, 1999).
  • Chucho: Tejido de Felicidad (Virgin, 1999).
  • Arpioni: Un Mondo in Levare (Gritalo Forte, 1999), Buona Mista Social Ska (Gritalo Forte, 2001).
  • Anari: Habiak (Esan Ozenki, 2000).
  • Betagarri: Freaky Festa (Esan Ozenki, 2000), "Arnasa Hartu (Metak, 2002)
  • Fermin Muguruza: FM99.00 Dub Manifest (Esan Ozenki, 2000), In-komunikazioa (Kontrakalea-Metak, 2002).
  • Anestesia: Ultra-Komunikatzen (Esan Ozenki, 2000).
  • Eskorzo: La Sopa Boba (Tralla, 2000).
  • Chucho: Los Diários de Petróleo, (Virgin, 2001).
  • Skalariak: En la Kalle (Gor, 2001), Radio Ghetto (Gor, 2003)
  • Sagarroi: Meatzaldea (Metak, 2001), Euria Ari Duela (Metak, 2003), Toulouse (Metak, 2004).
  • Segismundo Toxicómano: Un, Dos, Tres, Fuego (Wilma Producciones, 2001), Escapa! (Wilma Producciones, 2003)
  • Amparanoia: Somos Viento (Emi-Odeon, 2001).
  • Los Deltonos: Los Deltonos (DRO, 2001), Sólodo (DRO, 2003)
  • O Jarbanzo Negro: Buscavidas (Desobediencia, 2002).
  • El Señor Antipirina: El Señor Antipirina (A Vallekas Producciones, 2002).
  • Manta Ray: Estratexa (Acuarela, 2002).
  • Cultura Probase: People Like Us (Everlasting, 2003).
  • Atom Rhumba: Backbone Ritmo (Munster, 2003).
  • Inoren Ero Ni: Inoren Ero Ni (Metak, 2003).
  • Lamatumbá: Lume (para que saia o sol) (Falcatruada, 2005).
  • O sonoro maxín: A onda sonora (chega do interior) (Inquedanzas sonoras, 2012).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]