O prisioneiro de Zenda (filme de 1952)
| O prisioneiro de Zenda | |
|---|---|
|
Título
| |
|
Instancia de
| |
|
Lingua orixinal
| |
|
Cor
| |
|
Formato de imaxe
| |
| Autoría | |
|
Director/a
| |
|
Compositor/a
| |
|
Guionista
| |
|
Director/a fotografía
| |
|
Editor/a de cine
| |
|
Deseñador/a produción
| |
|
Deseñador/a vestiario
| |
|
Actores
| |
| Temática | |
|
Ambientado en
| |
|
Baseado en
| |
| Publicación | |
|
Data de publicación
| |
|
País de orixe
| |
|
Produtor/a
| |
|
Compañía produtora
| |
|
Distribuidor/a
| |
|
Formato de distribución
| |
| Dimensións | |
|
Duración
| |
| Fontes e ligazóns | |
| Wikidata C:Commons |
O prisioneiro de Zenda (en inglés: The Prisoner of Zenda) é un filme estadounidense de 1952 dirixido por Richard Thorpe. É un remake do filme homónimo de 1937 e da versión muda de 1922. Está protagonizado por Stewart Granger, Deborah Kerr e James Mason (xunto con Louis Calhern, Robert Douglas, Jane Greer e Robert Coote).
Estreouse en galego o 16 de setembro de 1991 a través da TVG.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]No imaxinario país de Ruritania, a véspera da coroación do seu soberano, este é secuestrado polo seu ambicioso medio irmán que desexa o trono para el. Os súbditos de confianza do monarca, adiviñando as intencións do perverso irmán, convencen un turista, Rudolf Rassendyll, para que suplante o rei. O seu parecido é tan extraordinario que ningún dos outros súbditos nota a diferenza. Para rescatar o verdadeiro rei prepárase unha expedición para sacalo do castello de Zenda onde está secuestrado. O turista, namorado da princesa Flavia participa activamente na loita.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Stewart Granger como Rudolf Rassendyl/rei Rudolf V
- Deborah Kerr como Princesa Flavia
- James Mason como Rupert de Hentzau
- Louis Calhern como Coronel Zapt
- Robert Coote como Fritz von Tarlenheim
- Robert Douglas como Michael
- Jane Greer como Antoinette de Mauban
- Lewis Stone como o cardeal
- John Goldsworthy como o arcebispo
- Gordon Richards como dignatario
Produción
[editar | editar a fonte]Esta versión difire moi pouco da precedente de 1937 producida por David O. Selznick e protagonizada por Ronald Colman e Madeleine Carroll. Ademais, mantívose a banda sonora composta por Alfred Newman.
De acordo con Hollywood Reporter, MGM pagou a Selznick 225 000 dólares polos dereitos da novela de Anthony Hope.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Versión en galego (ed.). "O prisioneiro de Zenda na TVG". Consultado o 17 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O prisioneiro de Zenda |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O prisioneiro de Zenda na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)