O ollo da agulla
Aparencia
O ollo da agulla | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Eye of the Needle |
Director | Richard Marquand |
Produtor | Stephen J. Friedman |
Guión | Stanley Mann |
Baseado en | Eye of the Needle novela de Ken Follett |
Intérpretes | |
Música | Miklós Rózsa |
Fotografía | Alan Hume |
Montaxe | Sean Barton |
Estudio | Kings Road Entertainment |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 24 de xullo de 1981 |
Duración | 112 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Espías |
Recadación | 17,5 millóns de dólares |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O ollo da agulla[1] (en inglés: Eye of the Needle) é un filme británico de 1981 dirixido por Richard Marquand e protagonizado por Donald Sutherland e Kate Nelligan. O guión escribiuno Stanley Mann e baséase na novela homónima de 1978 escrita por Ken Follett. O filme trata dun espía alemán nazi no Reino Unido durante a segunda guerra mundial que descobre información vital sobre o desembarco de Normandía e tenta regresar a Alemaña mentres está varado cunha familia na illa (ficticia) das Tormentas, fronte ás costas de Escocia.
Estreouse en galego o 31 de outubro de 1990 na TVG.[2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Donald Sutherland como Henry Faber
- Kate Nelligan como Lucy Rose
- Ian Bannen como Inspector Godliman
- Christopher Cazenove como David Rose
- Stephen MacKenna como Tenente
- Philip Martin Brown como Billy Parkin
- George Belbin como pai de Lucy
- Faith Brook como nai de Lucy
- Barbara Graley como nai de David
- Arthur Lovegrove como Peterson
- Barbara Ewing como Mrs. Garden
- Patrick Connor como Inspector Harris
- David Hayman como Canter
- Alex McCrindle como Tom
- John Bennett como Kleinmann
- Sam Kydd como Lock Keeper
- John Paul como Home Guard Captain
- Bill Nighy como Líder de escuadrón Blenkinsop
- Jonathan e Nicholas Haley (xemelgos) como Jo (fillo de David e Lucy)
- Allan Surtees como Coronel Terry
- Rik Mayall como mariñeiro no tren
- Rupert Frazer como Muller
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ sincroguia-tv.expansion.com (ed.). "O ollo da agulla en galego na TVG". Consultado o 20 de decembro de 2023.
- ↑ O ollo da agulla en galego na TVG ABC. 31 de outubro de 1990