O monstro mariño
| O monstro mariño | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata |
O monstro mariño[1] (en inglés: The Sea Beast) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Chris Williams, no seu debut como director en solitario.[2][3] O filme está protagonizado polas voces de Karl Urban, Zaris-Angel Hator, Jared Harris, Marianne Jean-Baptiste, Dan Stevens e Kathy Burke.
Producido en Netflix Animation, o filme estreouse en cinemas escollidos o 24 de xuño de 2022, antes de estrearse en Netflix o 8 de xullo, onde conta con versión dobrada e subtitulada ao galego, sendo o primeiro filme orixinal desta plataforma en estar en galego,[4][5] (antes xa estiveran o filme Ons e a serie O sabor das margaridas, pero non eran produción propia de Netflix).
O monstro mariño foi traducido para dobraxe por María Luísa Lage e para subtitulado por Noelia Bernárdez Alonso.[6]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un cazador de monstros de mar lendario ten unha epifanía cando unha moza polisón se fai amiga do monstro máis perigoso de todos.[7]
Personaxes
[editar | editar a fonte]| Personaxe | Dobraxe en inglés | Dobraxe en galego |
|---|---|---|
| Jacob Holland | Karl Urban[8] | Juan José Miranda[9] |
| Maisie Brumble | Zaris-Angel Hator[8] | Mar Miranda[9] |
| Capitán Crow | Jared Harris[8] | Juan Diéguez[9] |
| Sarah Sharpe | Marianne Jean-Baptiste[8] | Antía Álvarez[9] |
| Admiral Hornagold | Dan Stevens[8] | Julio Lorenzo[9] |
| Gwen Batterbie | Kathy Burke[8] | Alicia Borrás[9] |
| O rei | Jim Carter | Roberto Reboiro[9] |
| A raíña | Doon Mackichan | Beatriz García[9] |
| Ms. Merino | Helen Sadler | Teresa Santamaría[9] |
Produción
[editar | editar a fonte]Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O 5 de novembro de 2018, Netflix anunciou que Chris Williams escribiría e dirixiría un filme animado titulado Jacob and the Sea Beast.[2] O 7 de novembro de 2020, o título do filme foi cambiado a The Sea Beast.[7]
Animación
[editar | editar a fonte]Os servizos de animación foron achegados por Sony Pictures Imageworks.[10]
Música
[editar | editar a fonte]Mark Mancina compuxo a banda sonora do filme.[11][12]
Estrea
[editar | editar a fonte]En marzo de 2022, Netflix anunciou a data de estrea, o 8 de xullo de 2022.[8] O filme estreouse en cinemas escollidos de AMC, Cinemark, Regal, Cineplex Entertainment e outros o 24 de xuño de 2022, antes da estrea en Netflix.[13][14]
Acollida
[editar | editar a fonte]No sitio web do agregador de críticas Rotten Tomatoes, o 100% das 23 críticas son positivas, cunha valoración media de 8,1/10. En Metacritic, o filme ten unha puntuación media ponderada de 81 sobre 100 baseada en 9 críticos, o que indica "aclamación universal".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ pipocas.amesa.gal (ed.). "O monstro mariño". Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
- 1 2 Lang, Brent (5 de novembro de 2018). "Netflix Backs ‘Jacob and the Sea Beast’ From ‘Big Hero 6’ Director Chris Williams (EXCLUSIVE)". Variety. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2020.
- ↑ Amidi, Amid (30 de marzo de 2022). "Netflix Debuts First Trailer For ‘The Sea Beast’". Cartoon Brew. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2022. Consultado o 30 de marzo de 2022.
- ↑ @Fansubgalego, ed. (5 de xullo de 2022). ""O monstro mariño" en Netflix". Consultado o 7 de xullo de 2022.
- ↑ "'O monstro mariño', primeira produción animada de Netflix en galego, estréase o 8 de xullo". Nós Diario. 6 de xullo de 2022. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ @manuelarcatrad, ed. (8 de xullo de 2022). "Tradución para dobraxe de María Luísa Lage e para subtitulado de Noelia Bernárdez Alonso". Consultado o 11 de xullo de 2022.
- 1 2 "The Sea Beast". Netflix. 7 de novembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- 1 2 3 4 5 6 7 "Netflix’s ‘The Sea Beast’ Rises from the Depths with Teaser, Cast & Date Reveal". Animation Magazine. 30 de marzo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2022. Consultado o 30 de marzo de 2022.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 "O monstro mariño". dubdb.fandom.com. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "The Sea Beast". Sony Pictures Imageworks. Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ "Mark Mancina Scoring Chris Williams’ Netflix Animated Film ‘The Sea Beast’". Film Music Reporter. 24 de novembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2021. Consultado o 24 de novembro de 2021.
- ↑ Busch, Jenna (30 de marzo de 2022). "The Sea Beast Trailer: True Adventure Begins In The Latest Netflix Animated Film". Slash Film. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2022. Consultado o 30 de marzo de 2022.
- ↑ Konrad, Jeremy (7 de xuño de 2022). "The Sea Beast Trailer & Poster Debut On Netflix Geeked Week". Bleeding Cool. Arquivado dende o orixinal o 7 de xuño de 2022. Consultado o 7 de xuño de 2022.
- ↑ Felperin, Leslie (22 de xuño de 2022). "The Sea Beast review – feisty stowaway hunts monsters in lavish fantasy epic". The Guardian. Consultado o 26 de xuño de 2022.