O crime da rúa da Moeda Vella
O crime da rúa da Moeda Vella | |
---|---|
Título orixinal | O crime da rúa da Moeda Vella |
Autor/a | Román Raña |
Cuberta | Vilar Cardona |
Orixe | España |
Lingua | galego |
Colección | Narrativa |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | 1989 |
Formato | 13 x 21 cm. edición rústica cosido a fío |
Páxinas | 152 |
ISBN | ISBN 84-7507-424-3 |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
O crime da rúa da Moeda Vella é unha novela de Román Raña, publicada no ano 1989 e vencedora do Premio Blanco Amor.
Argumento
[editar | editar a fonte]Leopoldo é un violinista de 22 anos que vive en Compostela coa súa irmá de 17. Son orfos de pai, e a súa nai vive en Suíza.
Tras un concerto coñece a Sergei Nuridin, un mestre soviético do violín, que lle cede o seu Stradivarius durante uns días. Pero, tras levar o instrumento a un exame do conservatorio, róubanllo, e debe recuperalo sen que Sergei se decate.
Malia que contacta cun rapaz que coñece todo canto movemento ilegal existe na cidade, é o mozo da rapaza que llo roubou (ambos os dous son heroinómanos) o que contacta con el para devolverllo tras un pago de 20.000 pesetas.
Pero tras varios contratempos, vai descubrindo datos dos seus pais. El e a súa irmá son ingresados no hospital, pero Leopoldo só busca vingarse dos que os danaron, sen preocuparse xa polos violíns e polo seu futuro.
Leopoldo é un antiheroe. Non busca problemas, non quere usar a violencia, pero mercede á súa intelixencia, consegue recursos para ir resolvendo as contrariedades, ata que se ve superado e decide que, xa que o mundo é máis forte ca el, non vai loitar máis.